Terra Sen Amos – Caracas
Martes 24 un grupo de emigrantes en Venezuela protestou pola visita presidente de Cidadáns, Albert Rivera. A manifestación traspasou as barreiras de seguridade da Asemblea Nacional en Caracas cando entraba o político lerrouxista español acompañado do presidente da cámara e mostrou ao seu paso bandeiras de Galiza e pancartas nas que era acusado de desprezo dos mortos do Franquismo e das guarimbas. Ao escoitaren as voces de “Fascista fillo do Franquismo”, os gardas do presidente da Asemblea, Ramos Allup, cargaron contra a manifestación, racharon as pancartas e conduciron ao grupo de manifestantes fóra do recinto pola forza. Os medios de comunicación pública de Venezuela deron conta da protesta e informaron de Albert Rivera ter de sair pola parte traseira da Asamblea, achantado nun coche de seguridade. A TVG informou do incidente no telexornal do mediodía do 25.