Salim Lamrani *
Hai homes que cruzan os séculos e permanecen gravados no tempo porque representan principios esenciais. Maximiliano Robespierre, o Incorruptíbel, o apóstolo dos pobres, entregou a súa vida breve e intensa á loita pola liberdade do xénero humano, pola igualdade de dereitos, pola fraternidade entre todos os pobos do mundo. A feroz xenreira dos termidorianos, representada aínda nos seus herdeiros, perdura até os nosos días. O nome de Fidel participa desa dignidade: tomou armas para reivindicar o dereito do seu pobo e de todos os condanados da terra a escolleren o seu propio destino e inzóu o desprezo planetário contra as forzas retrógradas.

A aspiración de Cuba á soberanía foi combatida sen descanso pola soberbia dos EUA que consideraron sempre a illa seu patio traseiro, mália tres guerras de independencia e os sacrificios do pobo de José Martí, heroe nacional e pai espiritual de Fidel Castro. Cuba padeceu o xugo opresor do poderoso veciño, determinado a gobernar a rexión por riba de todo; Cuba foi ocupada militarmente e os seus gobernos de aqueles tempos de república neocolonial tiñan que porse ás ordes de Washington. O pobo cubano, afoutado e valente, soportaba aldraxe tras aldraxe. En 1920, o presidente Woodrow Wilson mandara ao xeneral Enoch H. Crowder á Habana, trala crise política e financeira que golpeaba o país e nin recado lle pasara a Manuel García Menocal, Presidente de Cuba, Ao chamarlle Menocal a atención pola fachenda de que fora obxecto, o titular da Casa Branca reprendeuno con este recado: “O Presidente dos Estados Unidos non precisa autorización do Presidente de Cuba para lle despachar un representante especial”. Así era na Cuba pre-revolucionaria.
Gravemente ofendido no seu anceio de liberdade, o pobo cubano acolleu o triunfo da Revolución cubana de Fidel Castro, en 1959, coma o remate dunha longa loita que comezara en 1868, na Primeira Guerra de Independencia. Fidel Castro, arquitecto da soberanía nacional, reivindicou de armas na man o dereito inalienábel do seu pobo á autodeterminación. Rompendo as cadeas hexemónicas impostas por Washington, Fidel Castro fixo dunha pequena illa do Caribe unha potencia moral admirada e respectada polos pobos do Sur na súa vontade inequívoca de escoller seu propio camiño. Asemade, devéu símbolo da resistencia á opresión e de esperanza dos humillados nunha vida decente, admirada en todo o mundo pola súa coraxe constante fronte á adversidade e a fidelidade aos principios.
Malia padeceren un estado de sitio implacáblel, no que terman os EUA por máis de medio século, e contando con recursos sumamente limitados, Fidel Castro fixo de Cuba un modelo para as nacións do Terceiro Mundo, universalizando o acceso á educación, á saúde, á cultura, ao deporte e ao tempo libre. O mundo puido ver que era posíbel establecer un sistema de protección social eficiente para toda a poboación e situar ao ser humano no centro do proxecto de sociedade. Cuba é hoxendía unha referencia mundial neste sentido e proba evidente de que é posible colocar ás categorías máis vulnerábeis no centro do proceso liberador.
“Patria é Humanidade”, dicía José Martí. Fidel Castro probóu o dereito do pobo a vivir en pé, e fixo realidade a súa vocación de internacionalista solidaria aportando o xeneroso concurso de Cuba a todas as causas nobres da emancipación humana e contribuíndo de modo decisivo á independencia de África Austral coa derrota do réxime segregacionista do Apartheid. O inesquecíbel Nelson Mandela sintetizaría esta solidariedade sen fallas dos cubanos nunha reflexión: “Que outro país do mundo podería pretender máis altruísmo que o que Cuba aplicou nas súas relacións con África?”.
Aínda hoxe Cuba está bloqueada por Washington, e malia a situación económica difícil, segue brindando a súa axuda en materia de educación, saúde e asistencia técnica, aos países do Sur, co envío de médicos, profesores, enxeñeiros e técnicos
Fidel Castro, o outro nome da Dignidade, quedará na historia como o heroe dos desherdados, o que defendeu o dereito do pobo a unha vida digna, o que fixo da soberanía de Cuba unha realidade inalienábel, o que expresou solidariedade en todos os instantes cos oprimidos. Odiado, igual que Maximiliano Robespierre, polos poderosos do seu tempo por ter ousado unha repartición máis equitativa das riquezas, a historia renderalle a homenaxe que merecen os grandes que se repuxeran contra as inxustizas e que loitaron arreo por mellorar a sorte dos humildes.
- Salim Lamrani, doutor en Estudios Ibéricos e Latinoamericanos da Universidade da Sorbone-Paris IV e profesor titular da Universidade de La Reunión, é crítico de referencia internacional contra a desmesurada e fracasada ofensiva de once gobernos sucesivos dos EU, durante 63 anos, para acabar co propósito independentista, socialista e solidario de Cuba.
(Tradución ao Galego por Berta Benavides para Terra Sen Amos)