IRMANDADE CON CUBA E FIN DO BLOQUEO RECLAMA A CIG NO SEU IX CONGRESO

TSA -REDACIÓN E AXENCIAS

O IX Congreso da CIG celebrado en Compostela reafirmou súa solidariedade co pobo de Cuba e o goberno da Habana, honrado en todo  o mundo  polo proceso revolucionario exemplar e a súa man amiga e sabia en andazos, sanidade emerxente e alfabetización. A CIG reclama o cesamento inmediato do inxusto e ilegal bloqueo que dende hai 62 anos replican trece gobernos de Washington coa anuencia de acubillados do imperialismo baixo capa de democratas. O Congreso reclama tamén a supresión do nome de Cuba da Lista de Países Colaboradores co Terrorismo patrocinada pola Casa Branca.

Instantánea da clausura do IX Congreso da CIG en Vigo.

Cuba é exemplo activo e consecuente de paz e solidariedade e cooperación entre nacións polo que o feito ruín e oportunista de subir o nome da illa nesa lista, e que xusto o faga o país máis terrorista, que máis guerras e mortes e golpes de estado leva provocado no mundo, con constantes violacións das leis vellas de defensa nacional .

A Asemblea entende que os bloqueos e sancións son un recurso vello e teimudo do imperialismo arrogado de democrata e neoliberal, non só para castigar e impedir democracia e progreso nos pobos que defenden a súa soberanía e se recusan o asexo imperialista, senón como unha mensaxe clara contra as nazóns que, exercendo seu dereito pleno á soberanía, optan polo socialismo, a igualdade e a xustiza como alicerces de paz , convivencia  e futuro, en situacións que irmandan Cuba con Venezuela, Nicaragua  e contra as guerras oportunistas de  límites na extrema do sub-continente europeo e con recurso a bombardeo xenocida da poboación sobre o Oriente Próximo.

POLO FIN DO BLOQUEO!

FÓRA O IMPERIALISMO DE CUBA!

CUBA SI, IANQUIS NON!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *