Maduro governará sen o lexislativo, coma Obama

Iroel Sánchez – Al Mayadeen
Hai ben de países nos que o parlamento está controlado por unha maioría opositora ao governo. Non recordo esa circunstancia ter desatado unha campaña de prensa global, mobilizado o governo de EEUU, seus aliados, líderes políticos e ex presidentes, como temos visto nas eleccións recén celebradas en Venezuela para a Asemblea Nacional.

Maduro, coma Obama, vai governar sen maioría no lexislativo.
Maduro, coma Obama, vai governar sen maioría no lexislativo.


Depois de a MUD (“Mesa de la Unidad Democrática”) obter maioría na Asemblea Nacional, diarios coma o madrileño El País proclaman que “Venezuela inicia una nueva era”, algo que non dixeran ao quedar o Partido Republicano co control das dúas cámaras do Congreso norteamericano fronte ao Presidente Barack Obama, no país más influinte do mundo; nos EUA e en case todo o planeta -acabámolo de ver en Grecia- lexisle quen lexislar e governe quen governar, o poder será do 99% que controla a economía no seu benefício coa axuda dos grandes medios de comunicación.

O proceso da Revolución Bolivariana pasou polos votos máis unha vegada, na confianza de as persoas poderen se expresar democraticamente nunha galaxia de dominacións globais e locais de caste económica e mediática, mais desta sen o liderado de Hugo Chávez. O milagre non foi posibel.

MUD non gañou en solitário, segundo recoñecerá calquera análise honrada. Como na Nicaragua do 90, o voto contra o proceso revolucionàrio foi resultado dunha guerra suxa desatada dende a Casa Branca, coa chantaxe de continuar en tanto o governo recusado por Washington se manteña no poder. Esta vez non foi a esperanza de cesaren as mortes da xente moza no monte senón o temor do desabastecimiento e a inflación iren a peor. Un mal pasar provocado pola guerra económica inacabada do chavismo para mudar o modelo petroleiro rentista nunha economía diversificada. Nada casual a conxuntura do descenso de prezos dos hidrocarburos.
O tempo a vir será máis difícil. Unha das ferramentas creadas pola Constitución chavista para servir as clases populares, fica nas mans da oligarquía que siempre mira ao Norte. Como acontece a diário no Brasil, veremos as noticias da guerra económica sumarse as dunha maquinária leguleia para impedir o goberno dun poder lídimos e obter así o que golpes de estado, revoltas, campañas mediáticas e golpe petroleiro non deron feito: regresar a vell era neoliberal y pór outravolta os recursos públicod ao servizo do capital transnacional.

O chavismo ten o poder executivo, o apoio da Forza Armada, un liderado valente e unha base popular organizada, non para votar un día senón para defender a Revolución Bolivariana todos os días. De cómo utilice eses recursos, e non dos agoiros retóricos da industria mediática global, dependerá a continuidade da nova era iniciada coa chegada ao poder de Hugo Chávez en 1999.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *