Milanés prefire ignorar o fracaso do capitalismo

G. Luca-Terra Sen Amos
Un cantante cubano asegura hoxe na primeira páxina do diario español “El País”, que as dificultades da illa de Cuba deben achacarse ao fracaso xeral do socialismo. Tratandose de alguén que pasa boa parte do ano en Madrid, mal terá problemas en recoñecer que o fracaso de España, Grecia, Italia e Portugal é parte do capitalismo é o inferno de Africa expresión probatoria do espolio colonial. Pablo Milanés (eis o cantante) pasa cargos a unha Revolución que chamada a ser graza, beleza e convivencia en armonía foi para él camiño de espiñas. Foino de verdade?

milan

A Revolución foi xenerosa cos artistas e en particular cos músicos porque era sentir popular que as trovas do país máis troveiro do mundo serian viático e compaña necesarios para un reto histórico. No primeiro país de América non subalterno do imperio, Milanés puido participar na fundación dunha plataforma musical que todo o mundo celebróu como abrente da Revolución. Milleiros de secuestrados polos Top Ten da Guerra Fría,  desafiaban o dogma do mercado grazas á Nueva Trova. Subido a este tren de éxito, Milanés puido revelar o seu talento, viaxar e cobrar boas recetas por actuación. Cando a Revolución lle recordou a obriga de pagar impostos na medida dos seus ingresos, o artista declarouse exento. Ninguén foi considerado en Cuba á marxe dun sacrificio heroico para manter a independencia, o mellor sistema de ensino público de América, unha asistencia sanitaria incomparábel, a edición de libros, a aprendizaxe da música para outros Milanés suceder ao Gran Milanés, unha investigación farmacéutica e clínica non delegada dos laboratorios da globalización. A todo isto negáralle a súa parte o cantante e se houbera de rectificar foi por pura coheréncia e firmeza da Revolución. Ao cabo, Milanés prefire confundir un enorme dano causado polo país máis armado da terra (o mesmo que consume o 90% da enerxía do planeta)  sobre unha illa de escasos recurso, con un fracaso. Fracaso político será en todo caso un erro gravísimo na estratexia e nas formas de aplicala, como acontece coa mancada monetarista que arruina España, Grecia, Italia e Portugal. Como recorda o filósofo italiano Giani Vattimo, “ningún italiano aboafé, mesmo inxenuo, poderá sentir en Cuba que él mesmo representa unha democracia mellor e máis libre”. En Cuba non estaban errados os diagnósticos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *