TSA – Redacción
Gustavo Machin, embaixador de Cuba en Madrid, pregunta que pais do mundo non se defendería dunha agresión coma a dos EUA, dirixida a acabar co governo e as leis da illa e a promoción económica de opositores. Nunha entrevista para a Cadena Ser en hora de máxima audiencia, co gallo da viaxe de Pedro Sánchez a Habana, dia 22, o embaixador quixo saber en que outro pais abordaran a redacción dunha nova Constitución mediante un debate democrático de base que implicaba a sete millóns de votantes en Cuba e a outros dous na emigración e preguntou se esta consulta non era acaso un exercicio democrático. É a primeira vez que unha cadea privada comercial ignora o que a información dominante chama oposición interior e inquire ao representante de Cuba sobre unha obxección da Comisión de Dereitos da Unión Europea.
O primeiro bloque de preguntas abordou as relacións comerciais con Cuba e o embaixador recordou que os intercambios foran fluídos durante os trinta e dous anos pasados dende a visita de Felipe González e só entraran en via morta por causa do belixerante anti-cubanismo de Aznar. Esoaña é arestora o primeiro cliente comercial de Cuba na UE e o terceiro no mundo e Machin entende que as condicións para mellorar a balanza entre os dous paises están a vista.
O embaixador definiu Cuba como un pais socialista de dereito. Sobre a presunción de medios da dereita da UE que apresúranse a anunciar unha renuncia ao comunismo, interpretando o sentido da consulta popular sobre a nova Constitución, Machin comentou que o pais vivia un proceso constituinte aberto, flexibel e actual.
O interese da entrevistadora por inculpar a Cuba de amizade co Governo Bolivariano, provocou o recordo por parte do embaixador do longo cerco de EUA sobre a Revolución Cubana e a obriga de respectar, coa lei internacional na man, o governo constituido polo voto.
Interesante entrevista anterior a Gustavo Machin divulgada por Insurgente:
Entrevista na Cadena Ser:
http://play.cadenaser.com/audio/001RDO10000005285917/