Iria Ferreira – Terra Sen Amos (Vigo) 26.07.25
Paco Sebio, presidente da Villamil, abordou nos xardíns de Uxío Montero Rios, de Vigo, a trascendencia política e histórica do 26 de Xullo, Día da Rebeldía Nacional de Cuba, no que os revolucionarios dirixidos por Fidel Castro, asaltaran os cuarteis de Moncada, en Santiago de Cuba, e Carlos Manuel de Céspedes en Bayamo. “Esta data explícanos a razón de a Revolución Cubana manterse en pé logo de 66 anos de acoso e bloqueo. Unha conclusión política decide aos revolucionarios asaltar os cuarteis: coidan que a vía pacífica para cambiaren a situcación política en Cuba xa non é posibel con Batista no poder e que só queda a vía insurrecional contando co apoio do pobo”.


“E fan polo tanto unha análise marxista das condicións obxectivas e subxectivas para ese salto revolucionário. No ben coñecido alegato de defensa de Fidel, que leva por título La Historia Me Absolverá, aparece puntualmente descrita a situación en Cuba de miseria, analfabetismo e negación de liberdades e dereitos humanos. Nesa altura, Cuba era a nación máis dependente dos EUA, suxeita por unha administración colonial, tiránica e corrupta. A Enmenda Platt imposta polo goberno de Washington a Cuba en 1901, arrogábase dereitos políticos e militares sobre a illa. O salto revolucionario para cambiar de raiz as condicións económicas estaba plenamente xustificado”.
Outra cousa serían as condicións externas. “Lembrade que na data do Moncada (1953) en plena Guerra Fría anti-comunista, outros gobernos incómodos desta área foran desprazados, coma o mesmo de Batista no 52; e a debilidade relativa da URSS. O propio Fidel coidaba que un golpe triunfante contra Batista no 53 tería sido esmagado polo imperialismo. Resolveron por fin asaltaren os cuarteis, incautar as armas, chamar a unha folga xeral , provocar o levantamento da segunda cidade de Cuba e evitar a chegada de reforzos do goberno corrupto da Habana mediante o control do rio Cauto”.
“A alternativa era comezar a guerra na serra, que os revolucionarios realizaron tres anos despois. Na opinión de Fidel, o golpe do Moncada non admitiría outro cambio que o do factor sorpresa pois cumprira de feito as previsións políticas e insurrecionais. Tres anos depois, reorganizouse a fronte na clandestinidade; a seguir viron o Granma, o triunfo de Praia Girón, a Proclamación do Carácter Socialista da Revolución, as Brigadas Médicas Cubanas etc.”
INICIO DUNHA GUERRA SEN CUARTEL
“Fidel sabía que o triunfo da Revolución non tiña carácter definitivo, senon de inicio dunha batalla sen cuartel, como estamos a ver hoxe, logo de 66 anos e logo do imperialismo ter ensaiado toda clase de medidas contra Cuba: terrorismo, bloqueo, sabotaxe, atentados etc. Cuba, no entanto, educou, puxo fin ao Apartheid, liberou aos pobos africanos e, a medio das brigadas médicas, a luz e o soño humanista da Revolución extendeuse polo planeta. Máis de 165 paises (nunha ONU que mal chega a 200) recibiran atención médica de Cuba que até 2023 salvou máis de oito millóns de vidas e praticou 16 millóns de intervencións cirúrxicas. Todo isto resistindo atrancos, bloqueo e intervención do imperialismo para impedir o finanzamento e o aceso de de Cuba, á tecnoloxía e o comercio; no emtanto, Cuba ten unha débeda externa mínima. Nestas circunstancias, a investigación cubana produce vacinas que compiten con vantaxe ás do mundo capitalista”.
Cuba está hoxe perante outro Moncada: “Difícil mais non insuperábel, segundo sabemos por experiencia. Responder solidariamente a este Moncada é tamén o empeño da Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil mediante un compromiso crecente que nos permita fins deste ano enviar un contedor con volume útil de 76 metros cúbicos, carregado de material médico para Cuba. Yuri Domenech é o compañeiro da Asociación comprometido neste labor importante nos últimos anos da Asociación. Él prefiriría pasar desapercibido, mais eu coido que máis que secretario da Xunta Directiva merecería o título de Secrtario Xeral!” (aplausos)
Tempo e lugar para colaborar “Facemois un chamado a todas as persoas, compañeiras e compañeiros e ás representación de sindicatos e partidos para que deades un paso a fronte: a solidariedade e o internacionacinalismo é patrimonio noso, non da dereita; nunca os revolucionarios tiveramos unha causa tan importante coma a cubana. Estamos con Cuba e co 26 porque seguen a ser loita, combatividade, ideas e futuro!”
“Viva o 26 de xullo!”
“Viva a Revolución Cubana!”
(aplausos prolongados e vivas)
ANABEL LAFARGUE SOBRE O MONCADA
A compañeira Marina Quintillán dei lectura ao texto da Cónsul da Legación de Cuba en Galiza, Anabel Lafargue, ausente por enfermidade:
Unha das grandes datas revolucionárias. “Estimadas compañeiras e compañeiros: o 26 de xullo para América Latina, o asalto aos cuarteis de Moncada e Carlos Manuel de Céspedes, significou o que a Toma da Bastilla en Francia para Europa ou o que o Asalto ao Pazo de Inverno de Petrogrado fora para o inmenso imperio zarista. Realizadas cun cativo número de persoas, estas datas deviron para cadansúa rexión en símbolos que marcaran o principio do remate dunha época. En todo caso, o pulo das novas forzas sociais conmovera os alicerces dos vellos reximes. O 26 de xullo de 1953 foi o rebordar da angueira dunha mocidade chea de ideais, reducida en número, que se aprestara ao combate sen lle ter medo ás balas, a tortura e a morte.”
“Protagonizada por unha mocidade inxel, na maioría, que trocóu a historia da nazón no abrente daquil entroido en Santiago de Cuba, algo que seguindo a doutora Olga Portuondo, historiadora da cidade de Santiago, conecta coa rebeldía da Guerra da Independencia, cando a mocidade sublevada tomaba vantaxe das máscaras para os seus golpes de protesta”.
Que é o que o Moncada dinos hoxe, no século XXI? “No primeiro, fálanos da grande necesidade de resistir inxustiza e represión: Cuba padecera, e atura ainda, desafíos inmensos: o bloqueo económico, financeiro e comercial, imposto polos Estado Unidos, e problemas globais; feitos que impactan na vida diaria dos cubanos. O exemplo do Moncada lémbranos que a defensa da autonomia e da autodeterminación é un deber irrenunciábel e a nosa arma contra forzas contrarias; dinos que compre manter a batalla pola xustiza e a igualdade mesmo en tempos adversos.”
UNIDAE E SOLIDARIEDADE
O Moncada é un chamado a unidade e a mobilización popular. “O 26 de xullo histórico un número reducido de combatentes representaba os anceios de millóns; hoxe, a unidade popular segue a ser a súa maior fortaleza fronte aos que procuran derramaren a cohesión social. O Moncada chámanos a permanecer solidarios e unidos. E a traballar xuntos polo benestar colectivo e a defendermos os logros da Revolución, froito do sacrificio de xeneracións”.
O Moncada é o compromiso coa equidade e a xustiza social. “Chámanos a ser solidarios e a superar as divisións. Eran ideais do 26 erradicar a pobreza, a desigualdade e o abuso no traballo. Con todas as súas complexidades e reptos, o socialismo cubano, representa a garantía de liberdades e de dereitos e a saúde, a educación e a cultura”.
“O Moncada representa a tarefa constante de construirmos unha sociedade máis xusta que require auto-crítica, perfeccionamente e renovación constante sobre os principios da Revolución.”
“A fé firme no futuro é outro dos principios do Moncada. A superioridade esmagadora do poder da ditadura puidera ter desanimado a mocidade asaltante, mais a súa fe reclamábaos para alén, na confianza dunha Cuba Libre Soberana e Xusta”.
“Compañeiras, compañeiros: sempre nos honrará termos amigos comprometidos sen límites con Cuba. Escoitando espresións de apoio e solidariedade, temos razóns para nos considerar afortunados porque a nosa obra, traxectoria e comprommiso son referentes para os que desafían a inxustiza en todo o mundo. Podemos dicer que o Moncada non é só unha data no calendario senón un símbolo vivo da loita pola dignidade a resistencia e a esperanza; un recordatorio de a verdadeira forza residir na conciencia dun pobo e na súa cpacidade de loitar polos seus ideais”.
“Que o eco do Moncada resoe sempre en cada persoa que ama Cuba e que inspire a defensa da patria, a construción do seu futuro e a perseverancia no camiño da xustiza!
Viva o Moncada!
Viva Cuba!
(vítores e aplausos)