TSA – Redacción
Por Cuba votou martes o pleno da Asemblea Xeral das Nacións Unidas. Como promotor do bloqueo dende 1960, só queda EUA, que leva hoxe a guerra a Oriente Próximo, África, Siria e Afganistán, que ocupa Palestina (por man dun seu subalterno) e intervén contra os governos democráticos en todo o mundo. A Revolución Cubana recibiu onte o máis amplo respaldo internacional das 24 votacións promovidas dende 1992 na ONU contra o Bloqueo. O Chanceler cubano Bruno Rodríguez Parrilla, chamou a non confundir realidade e desexos «pois os feitos proban con claridade -explicou- que o Bloqueo persiste. O representante de EUA declarouse ainda “comprometido na cooperación con Cuba” e na Asemblea seguiron verbas de ánimo e solidariedade coa Revolución e de crítica ao cinismo norteamericano.
Nicaragua afirmou que Cuba acertara “porque o mundo enteiro está con ela”. Irán, falando en nome do Movimento de Paises Non Alineamos (MNOAL), denunciou enormes danos causados pola inxeréncia e requeriu fin do Bloqueo que viola dereito internacional, Carta da Onu, relacións en paz; Ecuador, falando en nome da Comunidade de Estados Latinoamericanos e Caribeños (CELAC) lembrou que Carta da ONU consagra dereitos, obrigas e principios e non debe ser violada. En nome do Grupo dos 77 e China (G77) o embaixador de Sudáfrica dixo que era ben hora de o Congreso de Estados Unidos suspender o bloqueo: “desacouga o Congreso Norteamericanos non ter aprobada ningunha das leis para rebaixalo”. Serra Leona en nome dos estados africanos, demandou fin inmediato del bloqueo. Falando pola Organización Islámica de Cooperación, Kuwait afirmóu que bloqueo non só danou economía cubana, sino que prexudica terceiros países. Serra Leona, en nome dos estados africanos, afirmóu que cese do Bloqueo é imperativo para mellorar condicións de vida para Cuba. Xamaica falando pola Comunidade do Caribe (CARICOM), dixo que desenvolvemento rexional depende de estatus colectivo de tal xeito que Bloqueo non é só contra Cuba senón impedimento de progreso colectivo. MERCOSUR, por voz do Paraguai, defendeu Carta da Onu contra inxeréncia. México honrou o índice de desenvolvemento humano atinxido por Cuba e dixo que se o Bloqueo cesar, os beneficios para a área serán evidentes. Venezuela cuaificóu o sistema de sancións de EUA, de inxusto, brutal e prolongado, e Vietnam renovou a solidariedade con Cuba mentres Exipto chamou a aproveitar a oportunidade histórica de paz. Para Bolivia o Bloqueo é un mal contra mundo enteiro. No mesmo senso pronunciáronse Brasil, Rúsia, China, India e Arxélia, entre outros. O mundo dalle a razón a Cuba.