Axencias de Cuba – Terra Sen Amos
O presidente cubano invocóu unidade internacional fronte o fascismo imperial e contra “o brután e aleve ataque armado dos EUA contra Venezuela e o inaceitábel secuestro do presidente constitucional Nicolás Maduro Moros e da Primeira Combatente Cilia Flores”. Nunha alocución cargada de indignación anti-imperialista, o presidente dixo que as palabras do Comandante en Xefe Fidel Castro Ruz, pronunciadas hai vinte anos parecen escritas para describir a actual agresión. “As nacións do mundo nunca se viran sometidas ao poder e os caprichos de quen dirixe unha superpotencia, cunha forza bruta sen límites, de cuxa filosofía, ideas políticas e nocións de ética ninguén ten a máis mínima idea. As súas decisións son impredicibeis e xordas. A forza e a capacidade de destruír e matar parecen estar presentes en cadanseu pronunciamento”. O ataque a Venezuela é “un acto de terrorismo de Estado, un asalto criminal contra a nosa América, área de paz, unha violación flagrante da soberanía dunha nación de exemplar dignidade e un ataque inaceptable ao Dereito internacional.

Inmensa marea habaneira en defensa da Venezuela.
Fronte a arrogancia imperialista, o presidente foi categórico: “Non, señores imperialistas, este non é seu patio traseiro nin territorio en disputa; non aceptamos nin recoñecemos a doutrina Monroe”. Expresouo compromiso de Cuba con estas palabras: “A terra de Bolívar é sacra… e por Venezuela e, por suposto, tamén por Cuba, estamos dispostos a dar até nosa propia vida, mais a un prezo moi alto”.
Díaz-Canel cualificou o ataque dos EUA de covarde, criminal e alevoso, lanzado de madrugada contra un pobo pacífico e nobre e dixo que se trataba dunha “expresión inequívoca do neofascismo que se pretende impoñer a toda a humanidade”.
Aseguróu que a ameaza non se limitaba a Venezuela: “É contra a humanidade enteira e susténtase na mentireira doutrina da paz por medio da forza”. Atribuiu a Marco Rubio “a mentireira narrativa do narcotráfico” cando a cobiza do Impero é “o petróleo venezolano, e as terras e os recursos naturais de Venezuela”,
“Tentan apagar ese bastión de resistencia ao imperialismo e de defensa da integración rexional que é a Revolución Bolivariana”, aseguróu confiado en que o pobo venezolano, de fonda raiz popular sairá a defender a súa soberanía como fixera en abril de 2002.
O presidente cubano negóu autoridade moral nin legal de ningún xénero aos EUA para sacar pola forza do seu país ao presidente venezolano, e declarounos responsabeis ante o mundo da integridade física de Maduro.
Denunciando a campaña de acusacións sen probas contra Venezuela e lembrou que mesmo analistas estadounidenses desestimaran o “falso relato do narco-terrorismo”. “Os que debían ser condenados por un tribunal internacional antifascista son eles”, sentenciou, acusando aos actuais gobernantes dos EUA de aplicaren o uso da mentira teimudamente repetida para virala en verdade, tal como defendera Goebbels
Logo de facer un fervente chamado á solidariedade continental, Díaz-Canel exhortou a pechar filas aos pobos de América. “Non deixemos pasar ao xigante das sete leguas”. Reiterando o apoio inquebrantábel de Cuba, reiterou o chamádo básico de volveren Nicolás e Cilia a Venezuela que os elexira e reclama oara exerceren a presidencia”.
“Abaixo o imperialismo! O pobo unido xamais será vencido! Cuba e Venezuela unidos vencerán! Patria ou Morte, Socialismo ou Morte! Venceremos!”.
(Tradución en Galego para TSA de Mar Dafonte)