NACIÓNS UNIDAS, 28 de outubro. Prensa Latina
O presidente da Asemblea Xeral da ONU, Miguel de Escoto lembrou hoxe que o bloqueo económico imposto por Estados Unidos a Cuba é expresión “dunha teima enfermiza” de Washington contra a Illa.
“O que non tolera o Governo USA -dixo o respectado diplomático nicaraguano e presidente da Asemblea das Nacións Unidas- simplemente, é que exista un lugar coma Cuba que se levanta como heroína da solidariedade e defensora de valores que o mundo necesita para a supervivencia da especie humana”, dixo de Escoto.
O Presidente do foro político mundial fixo estas declaracións na véspera da votación anual na Asemblea Xeneral dun proxecto de resolución contra o bloqueo económico que Estados Unidos impón a Cuba por case 50 anos.
Esa resolución recibiu o ano pasado o respaldo case unánime de 184 dos seus 192 membros, os que votaron a favor de que o goberno estadounidense suspendese esa medida coercitiva contra a nación caribeña.
Para a votación deste ano, que terá lugar mércores 29, agárdase un novo respaldo masivo dos membros do supremo organismo da ONU. Con todo, de Escoto dixo que en repretidas ocasións tiña perguntado “de que serve a Asemblea cando votacións con cuase unanimidade que reflicten os desexos do 95% dos membros da ONU son ignoradas olímpicamente”, sinalou.
O diplomático nicaraguano indicou ao respecto que un dos temas na súa axenda de traballo corresponde a un clamor universal dende fai polo menos 15 anos como é o fortalecemento da Asemblea Xeral como parte do proceso de reformas da ONU.