A marcha contra o bloqueo na sexta feira 21 fronte a embaixada dos EUA, na beiramar da Habana, xuntou todo un arco de idades militantes da independencia de Cuba, dende os Mambises dos Cincuenta e Sesenta até a Mocidade do Milenio entre un mar de bandeiras de Cuba e da solidariede. Non lonxe da cabeceira da manifestación, o azul e vermello da bandeira de Galiza bailaba ao ritmo da brisa Caribe a beira de colores da América Martiana entre notas de metal, cántigas e danza. Na ocasión, o MESC (Movimento Estatal de Solidariedade con Cuba) fixo público un comunicado que leva as sinaturas de sesenta organizacións fundadas para asistir a Cuba dende esta beira contra o bloqueo e para condenar as mil e unha trapelas e mentiras do veciño ao N do Estreido da Florida.
O Movemento Estatal de Solidaridad con Cuba (MESC) que integra máis de 60 organizacións e milleiros de persoas solidarias do Estado español, transmitimos a nosa firme expresión de irmandade e apoio á xornada de mobilización convocada polo pobo cubano este 20 de decembro no Malecón da Habana, contra do ilegal bloqueo no que terma o goberno dos EUA por máis de 60 anos e da inclusión de Cuba, lonxe de toda legalidade e respecto a verdade, na infame lista de países patrocinadores do terrorismo.
O MESC expresa a máis rotunda expresión de condena contra o criminal e ilegal bloqueo económico, comercial e financeiro que interfire a vida diaria do pobo de Cuba e denuncia a hipocrisía política que representa termar na inclusión de Cuba nunha lista de inimigos da humanidade. Lonxe de buscar xustiza, estas accións atentan contra o dereito de Cuba á súa soberanía, desenvolvemento e paz.
Animamos ao valente e digno pobo cubano a participar masivamente nesta marcha histórica, demostrando máis unha vez a súa unidade e firmeza fronte ás agresións externas. CUBA NON ESTÁ SOA! Todas as organizacións e entidades que conformamos o MESC renovamos o noso compromiso inquebrantábel coa loita do pobo cubano e o seu dereito a vivir sen inxerencias nin bloqueos.
Facemos un chamado á comunidade internacional para se solidarizar con esta causa xusta e reclamar o levantamento inmediato do bloqueo así como a retirada de Cuba da lista de países patrocinadores do terrorismo. É ben hora de por fin a estas políticas de agresión e de respectar o dereito de autodeterminación do pobo cubano.
Na súa firme vontade de proseguir na diaria denuncia desta agresión contrario a dereito, o MESC continuará organizando actividades de solidariedade e información que expoñan a plena realidade do criminal bloqueo contra Cuba.
Abaixo o bloqueo!
Viva a solidariedade Internacional!
19 de decembro de 2024. Movemento Estatal de Solidaridad con Cuba (MESC)
#CubaNoEstáSola.