Cubadebate – Terra Sen Amos
É preciso contestar a contraofensiva imperialista e oligárquica contra os gobernos populares e progresistas de América Latina e o Caribe, constituidos tralo fracaso da onda neoliberal. Raúl Castro fixo este chamamento no seu discurso pronunciado na apertura do VII Cumio da Asociación de Estados do Caribe (AEC) ao tempo que reclamaba unidade, paz e integración rexional dacordo cos princípios fundadores da AEC e da CELAC. O Presidente instou a defender Venezuela fronte a guerra económica e mediática do imperialismo e cualificou de inaceptábel a inxeréncia do Secretario Xeral da Organización de Estados Americanos (OEA) ao querer aplicar a chamada Carta Democrática Interamericana para intervir nos asuntos internos da República Bolivariana. Raul Castro condenou tamén o golpe de Estado contra o governo de Dilma Roussef.
O presidente de Cuba expresou a súa “máis firme e incondicional solidariedade co irmán povo venezolano, co goberno de Maduro e coa Revolución Bolivariana iniciada polo Comandante Hugo Chávez Frías, que enfrontan con firmeza o repotón desestabilizador e a guerra económica e mediática de quen pretenden varrer as conquistas políticas, sociais e económicas que beneficiaron a millóns de cidadáns que durante séculos viviran en condicións de pobreza, inxustiza e desigualdade”.
A directa acusación de interferéncia contra os principios de soberanía nacional, foi para secretário xeral da OEA por tentar de aplicar a chamada Carta Democrática Interamericana para intervir nos asuntos internos de Venezuela. “Dende a súa fundación -dixo Raúl- a OEA é e será un instrumento de dominación imperialista e non haberá reforma que poida cambiar a súa natureza nin a súa historia e por iso, Cuba xamais regresará á OEA”.
Na alocución do presidente houbo tamén mencións apoio para a reconstrución e desenvolvemento da República de Haití, á que chamou irmá e berce da primeira revolución independentista e anti-escravista da nosa América; de respaldo ao reclamo dos países da Comunidade do Caribe de recibir compensación polos horrores da escravitude e a tráta de escravos e de apoio ao dereito dos estados pequenos e vulnerabeis para teren un trato especial e diferenciado no acceso ao comercio e os investimentos, á súa xusta demanda de recibir cooperación de acordo coas súas necesidades reais e non sobre a base de indicadores de ingreso per cápita que os clasifican como países de renda media e que, xa que logo, impídenlles o acceso a recursos financeiros indispensabeis.
No limiar da súa intervención, Raúl lembrou a Muhammad Ali, finado horas antes do encontro da AEC, pola súa personalidade sobranceira no deporte, na ética, no seu compromiso contra a guerra, na amizade con Fidel e na irmandade con outro grande boxeador, Teófilo Stevenson, nado en Cuba. O pesar do presidente foi para a comunidade afro-americana, por cuxos dereitos sempre loitara o boxeador, para os seus familiares, para o povo dos Estados Unidos e para comunidade deportiva internacional.
Ver tamén “Cumbre en La Habana, injerencias de Washington”, por Angel Guerra Cabrera
http://www.rebelion.org/noticia.php?id=213204