Reorganización do goberno cubano.
A remodelación do Governo estaba entre as promesas de Raúl cando asumira a presidencia o 24 de febreiro de 2008 ainda que as prioridades de forza mayor, nun ano ciclónico esmagador, obrigaron a declarar un renovamento de prazos.
As dúas substitucións máis comentadas polas axencias do mundo rico foron ás do economista Carlos Lage Davila e a do chanceler Felipe Pérez Roque. Porén, a nota oficial que informa da substitución de Carlos Lage como executivo da administración do Estado, recorda que o economista segue a formar parte do cerne da governación xa que conserva o seu cargo de vice-presidente do Consello de Estado.
O correspondente na Habana do diario El Mundo de Madrid, comenta que “este cambio de governo reforza o rosto racional e institucional da equipa governante de Cuba”.