Cubainformación – Rivas Vaciamadrid
Compre organización eficiente e suma de esforzos para o Movemento de Solidariedade con Cuba poder colaborar de feito na defensa da Revolución contra o acrecentado cerco imperialista, logo de 60 anos de Bloqueo. Eis o obxectivo proposto pola asemblea do XV Encontro de Solidariedade con Cuba do Estado español, celebrado do 7 ao 9 de xuño, na localidade madrileña de Rivas-Vaciamadrid, con máis de 200 delegadas e delegados, entre eles Erea del Rio Iglesias, presidenta da Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil e o ex-presidente Ramón Fernández Leal.
Sexta
7, Fernando González LLort, presidente do Instituto
Cubano de Amizade cos Pobos (ICAP) e Heroe da República de Cuba, definiu as
propostas desta institución ao Movemento de Solidariedade; Enrique Ubieta,
director de revísta Cuba Socialista, falou
de “Revolución Cubana: presente, pasado e futuro”.
Sábado
8, realizáronse cinco palestras simultáneas: “Fidel: a ética revolucionaria”,
“Cuba solidaria: solidariedade internacionalista e antiimperialista. O
Mundo solidario con Cuba”, “Agresións contra a Revolución cubana:
bloqueo, soberanía territorial”, “Revolución cubana e Estado
socialista” e “Medios de comunicación”.
José
Luís Rodríguez García, asesor do Centro de Investigacións da Economía Mundial
de Cuba e exministro de Economía e Planificación, presentou dúas ponencias:
“Economía: do Periodo especial á nova Constitución” e “Bloqueo á
economía cubana”.
Yailín
Orta, deputada do Poder Popular e directora do diario Granma, falou de “Cambios nos medios de Comunicación en Cuba,
retos e transformacións”, nunha mesa xunto ao coordinador de
Cubainformación José Manzaneda, que presentou o libro Cuba: verdades e mentiras.
Domingo
9, Luís Suárez Salazar disertou sobre “O ALBA e a ofensiva imperialista en
América Latina”, e Claudia Camba, presidenta de Fundación arxentina Un Mundo Mellor é Posibel (FUMMEP) e
coordinadora da cooperación cubana en Arxentina, tratou de “O
internacionalismo cubano ameazado”.
Sexta
feira, o grupo musical Juanjo Anaya y Los
Incrédulos, xunto a Arita Mitteen, realizaron un concerto de homenaxe ao
trovador Quintín Cabrera. Sábado, tocaron Orlis Pineda, Ismael da Torre, Mala Praxis e Repercusión.
Como nos últimos encontros, realizouse a entrega do premio ao medio máis mentireiro contra Cuba, que neste ano foi para a canle televisiva La Sexta.
No
plano de acción, as organizacións comprometéronse, entre outros aspectos, a
realizar unha campaña unitaria contra o Bloqueo e a Lei Helms-Burton, e a
profundar na aplicación do Plan de Medios de Comunicación do Movemento de
Solidariedade, aprobado no anterior XIV Encontro, realizado en Bilbao. Neste
Plan, Cubainformación considérase
ferramenta estratéxica fronte á guerra mediática.
O Embaixador de Cuba en Madrid, Gustavo Machín Gómez, pronunciou as palabras de despedida do evento.
Reportaxe sobre o XV Encontro, realizado pola Equipa de Cubainformación TV en Madrid: Ana Gil, Esther Jávega, Lázaro Oramas e José Manzaneda: