Prensa Latina – Terra Sen Amos
Cuba renova na Organización Mundial de Comercio (OMC) a súa denúncia contra o Bloqueo, a inxeréncia ilegal dos EUA que se mantén coma principal atranco para o progreso material da illa dende 1960. Recordouno Alina Revilla, encargada de negócios de Cuba na ONU, na sesión do decimoterceiro exame da política dos EUA dentro da OMC no pleno celebrado en Xenebra. Revilla acrecentou que dous anos depois de Habana e Washington restablecer relacións diplomáticas e abordar a normalización do seu trato comercial e financeiro, non se aprecian cambios de importáncia na aplicación da política de cerco contra Cuba.
Seguir lendo Cuba recorda na Organización Mundial de Comercio a persisténcia do bloqueo