Arquivo da etiqueta: BLoqueo

Minneapolis require do Congreso e de Trump o cese do Bloqueo

Nadia Bouzas (Jacksonville – Florida)

O Concello da cidade estadounidense de Minneápolis, no Estado de Minnesota, requeriu do Congreso e do presidente Donald Trump o cese do bloqueo económico, comercial e financeiro contra Cuba. A resolución do goberno da cidade tamén demanda  ao titular da Casa Branca o progreso da política de achegamento á illa iniciada pola seu predecesor, Barack Obama. A moción, unanimemente aprobada polos 13 membros do Concello, reclama igualmente o remate das restricións impostas aos estadounidenses para viaxar a Cuba e insta a reincorporar a diplomáticos de Estados Unidos e Cuba nas súas embaixadas de Habana e Washington, respectivamente.

O bloqueo de recursos médicos de ultima xeración, é particularmente dañino para as doentes de Cuba.

Seguir lendo Minneapolis require do Congreso e de Trump o cese do Bloqueo

Cuba celebra a integración solidaria do Caribe, fronte ao imperialismo dos muros e da guerra

Frank Soutullo – Saint John (Antigua e Barbuda)

O VI Cumio do CARICOM, celebrado en San Xoán, capital de Antigua e Barbuda, honrou a memoria de Fidel e o protagonismo de Cuba na unidade do Caribe. Nicholas Steele, representante de Granada dixo que interpretaba o sentir da Asemblea ao recoñecer que a Revolución Cubana derramara o seu sangue por liberar povos desamparados. “Nunca un pequeño pais alcanzara tal altura no mundo e nunca un povo con tan poucos recursos e malia un bloqueo criminal, fixera tanto para tantos con tan pouco”. Raúl Castro dixo que o seu pais “non poderá esquecer nunca a decisión Errol Barrow, de Barbados; Forbes Burnham, de Guyana; Michael Manley, de Xamaica, e Eric Williams, de Trinidade e Tobago, de estableceren relacións diplomáticas con Cuba, asi que os primeiros catro países do Caribe anglófono accederan a súa independencia no 66”. Unha porta aberta contra o Bloqueo e un paso decisivo na integración solidaria do Caribe, fronte o imperialismo dos muros, da explotación e do colonialismo.

“Lembramos a Fidel con agarimo e honrámolo co noso amor”, dixo Nicholas Steele, representante de Granada perante a Asemblea do CARICOM (Foto de Rogelio Sierra en Juventud Rebelde)

Seguir lendo Cuba celebra a integración solidaria do Caribe, fronte ao imperialismo dos muros e da guerra

A Asemblea da ONU aplaude a Cuba nunha nova sesión de crítica mundial ao bloqueo

Información de Granma e axencias

O ministro de Estado de Cuba, Bruno Rodríguez Parrilla, recordou perante a Asemblea Xeral da ONU a irrenunciabel vocación soberana de Cuba, e recusou con enerxía a soberbia imperialista empregada no foro por Nicky Haley, embaixadora de EUA nas Nacións Unidas, para se referir ao Estado Cubano e ao seu Goberno. O ministro denunciou o proceder inmoral de Trump ao defender un bloqueo, que non nacera no 62 pois non deixa de ser unha manifestación contemporánea da cobiza histórica dos EUA sobre Cuba. Só EUA e e o Estado de Israel defenderon co seu voto o cerco ilegal a Cuba.

Caricatura de Martirena (diario Granma)

Seguir lendo A Asemblea da ONU aplaude a Cuba nunha nova sesión de crítica mundial ao bloqueo

Un senador por Kansas promove A Lei de Comercio con Cuba para rematar co Bloqueo

Terra Sen Amos – Redacción

O grupo de presión no Congreso dos EUA Engage Cuba (EG) ou compromiso con Cuba, celebrou que o senador estadounidense Jerry Moran presentase un proxecto de Lei na cámara para rematar co Bloqueo económico, comercial e financeiro imposto por Washington contra a illa. A nova Lei de Comercio con Cuba, permitiría ao sector privado norteamericano comerciar coa illa e foi presentada polo deputado por Kansas baixo o nome de Lei de Comercio con Cuba.

James Williams, presidente de Engage Cuba, comenta no espazo da TV Cubana “La esquina” as vantaxes da nova Lei de Comercio con Cuba

Seguir lendo Un senador por Kansas promove A Lei de Comercio con Cuba para rematar co Bloqueo

“FIDEL VIVE, LA REVOLUCIÓN SIGUE” lema da homenaxe convocada en Madrid para 25 de marzo

Terra Sen Amos – Redacción

Vintecinco de marzo, quinta feira, celebrarase en Madrid a homenaxe a Fidel Castro, convocada polo Movimiento de Solidaridad con la Revolución Cubana. O memorial polo Lider da Revolución ten por lema FIDEL VIVE, LA REVOLUCIÓN SIGUE e terá por escenário o Auditorio Marcelino Camacho, situado no número 40 da rúa de Lope de Vega de Madrid, de 19 a 22 horas. Co fin de pagar os gastos de local, propaganda e programas, os organizadores están a vender bonos en forma de marca-páxinas. O programa de intervencións será publicado en breve na páxina www.cubainformación.tv  

O próximo 15 cuarta feira, tamén está convocada na Puerta del Sol de Madrid unha concentración baixo o lema Ya es hora: rompamos el bloqueo contra Cuba! A cita invita a reclamar a EUA o remate da inxeréncia política e económica contra Cuba; a compensación polas perdas económicas e humanas causadas polo Bloqueo; a reintegración á soberania de Cuba do territorio ocupado militarmente na provincia de Guantánamo; o fin da guerra mediática contra Cuba e o cese do finanzamento dos grupos mercenarios que actúan contra a Revolución, dentro e fóra de Cuba.