Arquivo da etiqueta: BLoqueo

Raúl anúncia que a recesión do 0,9% no 2016, pode ser remontada no aninovo

Terra Sen Amos – Redacción
Raúl Castro dixo na Asemblea de Parlamento que a economia de Cuba entrou en recesión en 2016 cunha baixada do PIB do 0,9 %. Con todo, anunciou que o crecemento rondará o 2% no 2017. O presidente cubano atribuiu o decrecimento da economia no exercicio de 2016 aos recortes nos subministros de combustibel e as tensións financeiras, o que non impediu preservar plenamente os servizos de educación e saúde gratuitos e evitar o colapso da economía ou o regreso dos apagóns, “como auguraban medios internacionais de prensa hostís”.

Raúl trazou no Parlamento tres obxectivos para mellorar a economia: garantir as exportacións, incrementar a producción nacional e reducir todo gasto non imprescindíbel.
Raúl trazou no Parlamento tres obxectivos para mellorar a economia: garantir as exportacións, incrementar a producción nacional e reducir todo gasto non imprescindíbel.

Seguir lendo Raúl anúncia que a recesión do 0,9% no 2016, pode ser remontada no aninovo

Cuba recorda na Organización Mundial de Co­mercio a persisténcia do bloqueo

Prensa Latina – Terra Sen Amos

Cuba renova na Organización Mundial de Comercio (OMC) a súa denúncia contra o Bloqueo, a inxeréncia ilegal dos EUA que se mantén coma principal atranco para o progreso material da illa dende 1960. Recordouno Alina Revilla, encargada de negócios de Cuba na ONU,  na sesión do decimoterceiro exame da política dos EUA dentro da OMC no pleno celebrado en Xenebra. Revilla acrecentou que dous anos depois de Habana e Washington restablecer relacións diplomáticas e abordar a normalización do seu trato comercial e financeiro, non se aprecian cambios de importáncia na aplicación da política de cerco contra Cuba.

O Bloqueo comezou por parte doss EUA en 1960 e hoxe ten o nefando priviléxio de ser o máis longo da história...
O Bloqueo comezou por parte dos EUA en 1960 e hoxe ten o nefando priviléxio de ser o máis longo da história.

Seguir lendo Cuba recorda na Organización Mundial de Co­mercio a persisténcia do bloqueo

“Non hai familia cubana nin sector no país que non padeza os efectos do Bloqueo”, Rodríguez Parrilla na Asemblea Xeral da ONU

Granma – Redacción de Terra Sen Amos

O Chanceler cubano dixo na ONU que os danos causados en Cuba pola interferéncia do Bloqueo son incalculábeis. Nunha Asemblea histórica, na que non se produciu nin un só voto a prol do ilegal cerco dos EUA, Bruno Rodriguez Parrilla salientou que non hai familia cubana nin sector no país que non padeza os efectos do Bloqueo na saúde, a educación, a alimentación, os servizos, os prezos, os salarios e as pensións. O representante de Cuba foi moi preciso ao relatar as opcións de intercámbio recén liberadas polo governo Obama, mais sinalou que, na comparanza, os atrancos prevalecen.

A delegación cubana na Asemblea Xeral da ONU, acolle con aplausos a primeira votación sen pronunciamentos a prol do Bloqueo,
A delegación cubana na Asemblea Xeral da ONU, acolle con aplausos a primeira consulta sen o voto de EUA a prol do Bloqueo,

“A imposición de condicións discriminatorias e onerosas, unida aos efectos disuasivos do Bloqueo, restrinxe as compras de alimentos e a adquisición no mercado estadounidense de medicamentos, reactivos, pezas de reposto para equipa e instrumental médico -relatou o Chanceler- A empresa estadounidense MEDTRONIC non puido establecer contratos con empresas cubanas para a venda de estimuladores cerebrais, precisos para o tratamento de pacientes cubanos con enfermidade de Parkinson e outros trastornos neurológicos; estes contratos foron recusados de a pouco, a causa das restriccións do Bloqueo”.

Noutra  pasaxe da súa intervención perante a Asemblea, Rodríguez Parrilla recordou que a multinacional SIGMA ALDRICH negouse a fornecer medios de protección e produtos químicos e bio-tecnolóxicos solicitados pola empresa  FARMACUBA, para a elaboración de medicamentos no país; que en maio deste ano a Comisión Regulatoria Nuclear dos Estados Unidos notificou á sucursal da compañía alemá ECKERT und ZIEGLER, a denegación da solicitude de licenza para á compañía holandesa PHILIPS dotarse de calibración para un equipo médico adquirido polo Instituto de Oncología de Cuba en 2013, o que impide o funcionamento dun servizo vital para pacientes con cancro. Vinteseis de setembro pasado, a compañia italiana de equipa médica EMILDUE notificou á empresa cubana MEDICUBA que a compañía estadounidense BOSTON SCIENTIFIC CORPORATION (BSC) recusaba a venda dun xerador de radiofrecuencia marca COSMAN, para o diagnóstico de cancro. O bloqueo non deixa de estorbar os intereses dos propios cidadáns estadounidenses que puidesen beneficiarse de varios servizos en Cuba, entre eles, os de saúde”.

Rodríguez Parrilla asegurou agradecer e compartir “as emotivas palabras da embaixadora (dos EUA) Samantha Power sobre o caso emblemático e exemplar  do doutor Félix Báez Sarría. É un exemplo de todo o que podería facerse cando prevalece a cooperación internacional. Con todo, non podería calar que nos momentos tráxicos da epidemia de Ébola en África Occidental, a extensión da axuda médica cubana foi impedida pola negativa do STANDARD CHARTERED BANK británico a realizar transferencias entre a Organización Mundial da Saúde e as brigadas de médicos cubanos nas que participaba o doutor Báez Sarría e que arriscaban as súas vidas no contacto directo cos pacientes, o que requeriu, aínda nesas condicións extremas, licenzas específicas do Departamento do Tesouro dos Estados Unidos. A sucursal en Uganda deste banco ven de  pechar as contas persoais dos traballadores da saúde cubanos nese país, e a filial do tamén británico Barclays Bank impídelles facer transferéncias a Cuba. Acontece outro tanto co persoal cubano de cooperación no sector educacional noutros países. Co cambio de voto de Estados Unidos, debemos preguntar: cesarán estas prácticas?”

Relatou tamén o ministro durante o seu discurso, que en agosto pasado malográronse transferéncias para os servizos materno-infantil e oftalmológico prestados en Arxélia, a causa da negativa dos bancos Commerzbank alemán e do KBC Bank belga e noon deixou de mencionar que o programa “Parole para o Persoal Médico Cubano”  EUA tenta impedir a cooperación médica e privalos a eles e a nós de indispensabeis recursos humanos de alta cualificación. Aliás, bancos radicados en Paquistán negáronse a abrir crédito solicitado por unha compañía dese país para a compra de 100 mil vacinas contra a Hepatite B, por ser Cuba un país baixo sanción dos Estados Unidos.

Ainda unha pexa do bloqueo é a prohibición legal aos cidadáns estadounidenses de viaxar libremente a Cuba, violación de feito dos seus dereitos e liberdades civís, mesmo considerando os permisos de viaxes nas 12 categorías autorizadas. Calquera cidadán estadounidense está ameazado por cen mil dólares de multa no caso de viaxar a Cuba con vários acompañantes.

Consonte a Lei internacional, o Bloqueo é  ainda unha violación masiva, flagrante e sistemática dos dereitos humanos de todas as cubanas e cubanos; é un acto de xenocidio ao pé da letra da Convención para a Prevención e Sanción do Delito de Xenocidio de 1948; é un iimpedimento real para a cooperación internacional humanitária.

Na parte final do discurso, o ministro de Estado de Cuba recordou que 16 de abril pasado, o Presidente Raúl Castro, expresou a súa vontade de desenvolver un diálogo respectuoso para construír un novo xénero de relación con Estados Unidos, como o que nunca existiu entre ambos países, na confianza de poder reportar beneficios mutuos.  Dezasete de etembro, reiterou o propósito de soster relacións de convivencia civilizada con Estados Unidos, sen Cuba ter que renunciar por iso a un só dos seus principios, nin a realizar concesións inherentes á súa soberanía e indepéndencia.

“Historicamente -continuou Bruno Rodríguez Parrila- o governo dos Estados Unidos procurou a anexión de Cuba e entrementres exercer a súa dominación sobre a illa, mais triunfando a Revolución, formulou o propósito literal de provocar o desengano e o desalento en Cuba mediante a insatisfacción económica e o malpasar, negándolle crédito e comercio creduo fin de reducir os salarios nominais e reais, e  provocar fame, desesperación e o derrocamento do goberno.”

Para o Chanceler, o recente recoñecemento estadounidense de a soberanía e autodeterminación de Cuba non oculta na súa formulción ambigua o propósito de alterar a orde constitucional e promover cambios no sistema económico, político, social e cultural de Cuba, nin escusa a intención de continuar desenvolvendo programas que procuran a influenciar a sectores da sociedade cubana para serviren intereses dos EUA. De feito o governo dos EUA dixo de apouco que buscaria para Cuba un cámbio de governo. “Cambiar a Cuba -recordou- é asunto soberano dos cubanos xa que Cuba é un país verdadeiramente independente. O é porque gañou a súa independéncia por si mesmo e soubo e saberá defendela ao prezo dos maiores sacrificios e riscos”. Estamos orgullosos da nosa historia e da nosa cultura que son o tesouro máis preciado. Non esqueceremos xamais o pasado porque é a forma de non regresar nunca a el. Decidimos o noso camiño ao futuro e sabemos que é longo e difícil, pero non nos desviaremos del por inxenuidade, por cantos de sereas, nin por erros. Non hai forza no mundo que poida obrigarnos a iso”.

No derradeiro treito da súa intervenzón, o ministro dixo que Cuba estaba resolta a converter en realidades moitos soños, propios e tamén comúns con outros pobos. “Estamos cheos de soños por construír pero son os nosos soños: non precisamos soños alleos á nosa cultura nin á nosa historia; por e para a mocidade fíxose e faise a cotio a Revolución Cubana, para unha mocidade que, sendo tan semellante á súa época, é tan patriota e anti-imperialista coma seus pais e avós”.

“Loitaremos por construír unha Nación soberana, independente, socialista, democrática, próspera e sostibel. Non volveremos ao capitalismo. Como dixo o líder da Revolución Fidel Castro Ruz,  pasado 19 de abril: “melloraremos o que compra perfeccionar, con lealdade meridiana e forza unida, como Martí, Maceo e Gómez, en marcha imparábel”.

“Señor Presidente, distinguidos Representantes Permanentes, estimados Delegados -concluiu o representante cubano- o levantamento do Bloqueo é central para avanzarmos cara á normalización das relacións cos Estados Unidos; é o que dará senso, profundidade e firmeza ao alcanzado. O Bloqueo é inxusto, inhumano, inmoral e ilegal, e ten de cesar unilateral e incondicionalmente; o cambio de voto que a embaixadora (dos EUA) Samantha Power ven de anunciar, é un sinal que promete. Temos a esperanza de velo reflectido na realidade. Agradecemos fondamente a  gobernos e povos, parlamentos, forzas políticas e movementos sociais, representantes da sociedade civil, organizacións internacionais e rexionais, por contribuiren coa súa voz ou o seu voto, un ano após doutro, a argumentar a urxéncia e xustiza da abolición do Bloqueo. Extendemos a nosa sincera gratitude ao pobo dos Estados Unido, polo seu apoio crecente a esta proposta xusta. Moitas grazas” (Aplausos).

Mais de 50 anos de bloqueo dun povo é unha violación maior dos Dereitos Humanos

Iroel Sánchez – CUBAHORA

O bloqueo económico, comercial e financeiro aplicado ao povo de Cuba dende hai máis de 50 anos, constitúe unha violación rechamante, esmagadora e sistemática dos seus dereitos humanos e se o Goberno dos Estados Unidos quere realmente promover políticas de axuda aos cubanos, o imperativo é que elimine as restriccións en vigor para desmontar de vez tan obsesiva e inxusta política. Cuba levou este argumento a segunda mesa sobre Dereitos Humanos en Washington ao tempo que amosaba a súa preocupación polo respecto e garantía dos dereitos humanos nos Estados Unidos, entre elas, as documentadas violacións do dereito á vida á luz das mortes por armas de fogo e a brutalidade e abusos policiais, en particular contra a poboación afro-americana, a maiores da crecente inseguridade cidadá.

Deseño de Alfredo Martirena Hernández
Deseño de Alfredo Martirena Hernández

Seguir lendo Mais de 50 anos de bloqueo dun povo é unha violación maior dos Dereitos Humanos

Denuncian o dobre xogo de Donald Trump con Cuba

Albino Presedo (Miami)

Donald Trump, candidato do Partido Republicano á presidencia dos EUA, meteuse na bouza da mentira, a inmoralidade máis perseguida nos aspirantes á Casa Branca. Trump xurara  en 1999 non facer nunca negocios na comunista Cuba, mais agora sábese que un ano antes de tan gallardo desafio, enviara padriños a Habana para investir na illa. A seguir e mentres loitaba pola candidatura do seu partido, Trump concordou co propósito de Obama de mudar a relación con Cuba e non lle doeron prendas hai dúas semanas en Miami, para prometer unha nova ruptura coa illa, o mantemento do Bloqueo e acusar Obama de transixéncia coa Revolución. Trump representa o dilema de moitos negociantes norteamericanos, temerosos de perder comba nun pais veciño que se renova e interesa en todo o mundo, e arrepiados perante as críticas de colaboraren cos anti-capitalistas.

 Newsweek revela o dobre xogo Trump con Cuba e ao candidato republicano fáltalle tempo para visitar  Miami disfrazado de George W. Bush.
Newsweek revela o dobre xogo Trump con Cuba e ao candidato republicano fáltalle tempo para visitar Miami disfrazado de George W. Bush.

Seguir lendo Denuncian o dobre xogo de Donald Trump con Cuba