Arquivo da etiqueta: Daniel Viglietti

INTELECTUAIS DE TODO O MUNDO ESIXEN AOS ESTADOS UNIDOS A LIBERACIÓN DOS CINCO

Pedro de la Hoz/ Granma

Intelectuais de todo o mundo reclaman a liberdade dos Cinco Presos Políticos cubanos en cadeas dos Estados Unidos.

Coñecidas figuras das ciencias e as letras de todo o planeta suscribiron un documento que reclama a inmediata liberdade dos cinco presos políticos de Cuba que os norteamericanos manteñen na cadea contra toda legalidade.

Considerados heroes en Cuba, sofren condenas de longa duración, algúns deles perpetua, acusados de espionaxe a pesar de que nunca manexaron ningunha información confidencial estadounidense.

O seu único obxectivo era previr atentados terroristas contra Cuba e informaron das súas investigacións ao propio FBI.

O documento, posto en circulación este venres baixo o título ¡ Liberdade para os Cinco cubanos presos en Estados Unidos! foi asinado en orixe por 245 artistas, escritores, científicos, académicos e representantes de colectivos, asociacións.

Entre eles os premios Nobel Nadine Gordimer de Suráfrica e Wole Soyinka de Nixeria así como o premio Nobel da Paz Adolfo Pérez Esquivel, de Arxentina; e o de Física, Zhores Alfiorov, de Rusia.

Entre os asinantes hai vinte coñecidos norteamericanos coma a escritora Alice Walker, o actor Danny Glover, o filósofo, lingüista e ensaista Noam Chomsky, o ex Fiscal Xeral, Ramsey Clark, o xornalista Mumia Abu Jamal, quen por longos anos permaneceu no corredor da morte vítima tamén da inxustiza; Cindy Sheehan, nai dun soldado norteamericano morto no Iraq; o historiador e ensaista Howard Zinn, o reverendo Lucius Walker; e W.J.T Mitchell, un dos máis importantes semióticos das artes.

Tamén colocaron a súa asinatura ao pé do escrito Danielle Mitterrand, viúva do estadista francés Francois Mitterrand; o dirixente independentista portorriqueño Juan Mari Bras, e o bispo mexicano Samuel Ruiz.

Convencidos de que o encarceramento de Antonio Guerrero, Gerardo Hernández, René González, Ramón Labañino e Fernando González é “unha enorme inxustiza” adheríronse ao chamamento arquitectos como o brasileiro Oscar Niemeyer; filòsofos como o húngaro catedrático da universidade de Sussex, Istvan Meszaros, o mexicano Pablo González Casanova e o italiano Gianni Váttimo; poetas e narradores coma o uruguaio Mario Benedetti, o brasileiro Tiago de Mello e o ecuatoriano Jorge Enrique Adoum; cineastas coma o boliviano Jorge Sanjinés e o arxentino Fernando Solanas; xornalistas coma o chileno Manuel Cabieses e o hispanofrancés Ignacio Ramonet; e músicos coma o uruguaio Daniel Viglietti, o dominicano Víctor Víctor, o galego-francés Manu Chao, e o español Luis Eduardo Aute.