Arquivo da etiqueta: Manu Chao

ENTREVISTA CON MANU CHAO II

ENTREVISTA A MANU CHAO (FIN) por Karine Walsh.

Continuación da conversa co músico.

P- Tamén escribes cando algo che conmove?

MCH- Si, pero máis cando me conmove algo que podería ser mellor, escribo máis ante unha inxustiza que cando me conmove un amor, por exemplo. Teño cancións de amor, pero son cancións de desamor, A despedida é unha canción de amor errado, escribín esa canción cando me curei da separación con esa moza. Cando estabamos os dous xuntos e felices non me saíu ningunha canción. Tamén é bo que salga da alegría, hai artistas que traballan a alegría, expresala, e nós tamén de certo modo, non na letra, senón máis ben na música. A letra é máis triste e mesturamos os dous, de aí ven malegría, esa letra un pouco triste que está nas miñas cancións e a alegría da música na cal as envolvemos.

P- Está previsto lanzar en novembro o CD/DVD en vivo Baioanera, cales son os proxectos para esta presentación? Seguir lendo ENTREVISTA CON MANU CHAO II

Manu Chao fala da relación entrañable con Cuba dende a súa infancia

R. A. Hernández e Yinett Polanco.

Hai 17 anos pisou esta Illa por primeira vez coa expedición Cargo Tour 92, aínda que Cuba fora unha palabra inseparable ao longo da súa vida. Entón presentouse no teatro Karl Marx. Desde ese momento, como unha necesidade inquebrantable, o músico franco-galego Manu Chao regresa cada certo tempo á Illa, á mesma Illa da que tanto lle falase desde pequeno o seu pai, o xornalista e escritor galego Ramón Chao, e que fose o berce do seu primeiro heroe musical: Bola de Nieve; a terra dun amigo sempre presente na súa casa: Alejo Carpentier e, sobre todo, o espazo de loita dun dos seus maiores símbolos: o Che. Precisamente para render homenaxe ao guerrilleiro e líder revolucionario cubano-arxentino regresou Manu Chao a Cuba este ano, con senllos concertos na Habana e Santa Clara.

Nacido en París en 1961, José-Manuel Thomas Arthur Chao é un dos músicos progresistas máis recoñecido no mundo franco e hispano-parlante. Alleo aos grandes circuítos mediáticos, este prolífico e políglota cantautor emprende a súa música de maneira crítica e comprometida coas causas do seu tempo, a partir de textos cargados de preocupacións sociais e unha amplísima combinación de ritmos procedentes de Europa, América Latina e África. Os seus álbumes máis recoñecidos Clandestino (1998), Próxima estación esperanza (2001), Radio Bemba Sound System (2002) Siberie me etait contée (2004), A radiolina (2007) e Baionarena (2009), véndense por millóns de copias. Seguir lendo Manu Chao fala da relación entrañable con Cuba dende a súa infancia

A realidade cubana actual a discusión

Debates, realidades e concertos.

José Miguel Arrugaeta / Joseba Macías

A chegada do outono trae, unha vez máis, o cuestionamento do intransferible e habitual “ritmo cubano” á hora da toma de decisións que, en opinión de moitos, non poden ser postergadas por máis tempo. A outra cuestión esencial é se o debate social de novo formulado será capaz de incitar as vontades e os apoios necesarios entre unha poboación maioritariamente escéptica e cansa. A situación cubana, interna e externa, adquire por momentos matices difíciles de prever. Seguir lendo A realidade cubana actual a discusión

INTELECTUAIS DE TODO O MUNDO ESIXEN AOS ESTADOS UNIDOS A LIBERACIÓN DOS CINCO

Pedro de la Hoz/ Granma

Intelectuais de todo o mundo reclaman a liberdade dos Cinco Presos Políticos cubanos en cadeas dos Estados Unidos.

Coñecidas figuras das ciencias e as letras de todo o planeta suscribiron un documento que reclama a inmediata liberdade dos cinco presos políticos de Cuba que os norteamericanos manteñen na cadea contra toda legalidade.

Considerados heroes en Cuba, sofren condenas de longa duración, algúns deles perpetua, acusados de espionaxe a pesar de que nunca manexaron ningunha información confidencial estadounidense.

O seu único obxectivo era previr atentados terroristas contra Cuba e informaron das súas investigacións ao propio FBI.

O documento, posto en circulación este venres baixo o título ¡ Liberdade para os Cinco cubanos presos en Estados Unidos! foi asinado en orixe por 245 artistas, escritores, científicos, académicos e representantes de colectivos, asociacións.

Entre eles os premios Nobel Nadine Gordimer de Suráfrica e Wole Soyinka de Nixeria así como o premio Nobel da Paz Adolfo Pérez Esquivel, de Arxentina; e o de Física, Zhores Alfiorov, de Rusia.

Entre os asinantes hai vinte coñecidos norteamericanos coma a escritora Alice Walker, o actor Danny Glover, o filósofo, lingüista e ensaista Noam Chomsky, o ex Fiscal Xeral, Ramsey Clark, o xornalista Mumia Abu Jamal, quen por longos anos permaneceu no corredor da morte vítima tamén da inxustiza; Cindy Sheehan, nai dun soldado norteamericano morto no Iraq; o historiador e ensaista Howard Zinn, o reverendo Lucius Walker; e W.J.T Mitchell, un dos máis importantes semióticos das artes.

Tamén colocaron a súa asinatura ao pé do escrito Danielle Mitterrand, viúva do estadista francés Francois Mitterrand; o dirixente independentista portorriqueño Juan Mari Bras, e o bispo mexicano Samuel Ruiz.

Convencidos de que o encarceramento de Antonio Guerrero, Gerardo Hernández, René González, Ramón Labañino e Fernando González é “unha enorme inxustiza” adheríronse ao chamamento arquitectos como o brasileiro Oscar Niemeyer; filòsofos como o húngaro catedrático da universidade de Sussex, Istvan Meszaros, o mexicano Pablo González Casanova e o italiano Gianni Váttimo; poetas e narradores coma o uruguaio Mario Benedetti, o brasileiro Tiago de Mello e o ecuatoriano Jorge Enrique Adoum; cineastas coma o boliviano Jorge Sanjinés e o arxentino Fernando Solanas; xornalistas coma o chileno Manuel Cabieses e o hispanofrancés Ignacio Ramonet; e músicos coma o uruguaio Daniel Viglietti, o dominicano Víctor Víctor, o galego-francés Manu Chao, e o español Luis Eduardo Aute.