R. A. Hernández e Yinett Polanco.
Hai 17 anos pisou esta Illa por primeira vez coa expedición Cargo Tour 92, aínda que Cuba fora unha palabra inseparable ao longo da súa vida. Entón presentouse no teatro Karl Marx. Desde ese momento, como unha necesidade inquebrantable, o músico franco-galego Manu Chao regresa cada certo tempo á Illa, á mesma Illa da que tanto lle falase desde pequeno o seu pai, o xornalista e escritor galego Ramón Chao, e que fose o berce do seu primeiro heroe musical: Bola de Nieve; a terra dun amigo sempre presente na súa casa: Alejo Carpentier e, sobre todo, o espazo de loita dun dos seus maiores símbolos: o Che. Precisamente para render homenaxe ao guerrilleiro e líder revolucionario cubano-arxentino regresou Manu Chao a Cuba este ano, con senllos concertos na Habana e Santa Clara.
Nacido en París en 1961, José-Manuel Thomas Arthur Chao é un dos músicos progresistas máis recoñecido no mundo franco e hispano-parlante. Alleo aos grandes circuítos mediáticos, este prolífico e políglota cantautor emprende a súa música de maneira crítica e comprometida coas causas do seu tempo, a partir de textos cargados de preocupacións sociais e unha amplísima combinación de ritmos procedentes de Europa, América Latina e África. Os seus álbumes máis recoñecidos Clandestino (1998), Próxima estación esperanza (2001), Radio Bemba Sound System (2002) Siberie me etait contée (2004), A radiolina (2007) e Baionarena (2009), véndense por millóns de copias. Seguir lendo Manu Chao fala da relación entrañable con Cuba dende a súa infancia