Arquivo da etiqueta: eBay

En nome do Bloqueo, PayPal impide contratar a reportaxe sobre os Rolling en Cuba

Iroel Sánchez – Trabajadores

PayPal, primeiro sítio de pago por Internet do mundo, foi adquirido no 2002, pola empresa de poxas por vía dixital eBay. No seu sítio electrónico, eBay acredita PayPal como via rápida e segura para mercar e vender e garante a privacidade absoluta das tarxetas e contas bancárias; o vendedor recibe logo o pago e a merca chega antes ao comprador; a garantía do importe das trasaccións, non ten teito de gasto. Mais na realidade, PayPal non semella corresponder ao que di eBay: máis de 100 compradores de entradas a médio desa plataforma, recibiron de volta os seus xiros. Querían ver para fins deste mes en cines alemáns o documental de 120 minutos Havana Moon-The Rolling Stones Live in Cuba (Lúa da Habana: os Rolling en vivo dende Cuba) reportaxe sobre o concerto da banda inglesa en Marzo na Habana. Na explicación de Sabrina Winter, voceira de PayPal, “o mesmo título do documental é para nós unha proba de violación do Embargo e por iso emprendemos unha investigación integral do obxecto da compra”.

Cen persoas pagaron por PayPal para ver o documental de 120 minutos ///Havana Moon-The Rolling Stones Live in Cuba/// mais PayPal, primeiro sítio de pago por Internet do mundo, censurouno invocando o Bloqueo.
Cen persoas pagaron por PayPal para ver o documental de 120 minutos “Havana Moon-The Rolling Stones Live in Cuba”, mais PayPal, primeiro sítio de pago por Internet do mundo, censurouno invocando o Bloqueo.

Seguir lendo En nome do Bloqueo, PayPal impide contratar a reportaxe sobre os Rolling en Cuba