TSA – Redacción
Por Cuba votou martes o pleno da Asemblea Xeral das Nacións Unidas. Como promotor do bloqueo dende 1960, só queda EUA, que leva hoxe a guerra a Oriente Próximo, África, Siria e Afganistán, que ocupa Palestina (por man dun seu subalterno) e intervén contra os governos democráticos en todo o mundo. A Revolución Cubana recibiu onte o máis amplo respaldo internacional das 24 votacións promovidas dende 1992 na ONU contra o Bloqueo. O Chanceler cubano Bruno Rodríguez Parrilla, chamou a non confundir realidade e desexos «pois os feitos proban con claridade -explicou- que o Bloqueo persiste. O representante de EUA declarouse ainda “comprometido na cooperación con Cuba” e na Asemblea seguiron verbas de ánimo e solidariedade coa Revolución e de crítica ao cinismo norteamericano. Seguir lendo O mundo con Cuba, contra o Bloqueo