Raquel Eunice Brandal – Coral Gables (Florida)
Teiman os governos do norte que a Revolución Cubana viola dereitos fundamentais e liberdades básicas e por iso, cando o pobo de Cuba debate a pleno sol o texto da nova Constitución, a información burguesa non sabe a quen botarlle a culpa. De feito, o artigo 40 da nova Carta Magna extende o principio de igualdade non só para sexo e xénero, inequívoco na Constitución Socialista de 1976, senon para as opcións homosexuais, o que para os reaccionarios de fala inglesa tamén debe ser xulgado coma pecado comunista. Os moralistas dos despachos de Washington rezan diante das mesmas velas negras que algunhas relixións de golpe de peito.
Seguir lendo Os mesmos que acusan de censura a Cuba, denuncian herexias na ponencia constitucional