Granma – Terra Sen Amos
O presidente Raúl Castro participou na multitudinária Marcha de las Antorchas en homenaxe ao apóstol da independéncia José Martí, no 163 aniversario do seu nacemento, acompañado polos ex-mandatarios do Uruguai, Pepe Mujica, e da República Dominicana, Leonel Fernández. Na tradicional peregrinación dende a escada da Universidade da Habana deica a Fragua Martiana, a mocidade a beira de membros do Buró Político e representantes do Goberno da República. Antes da marcha comezar, deitaron unha ofrenda floral no nicho do líder estudiantil Julio Antonio Mella e escoitáronse as palabras de Fidel sobre o compromiso do povo de Cuba coas ideas de Martí e o exemplo de dirixentes coma Antonio Maceo. Jennifer Bello dixo que a marcha representa o tributo das xeracións novas ao Heroe Nacional, e recordou que estudantes de todo o país celebraban ao tempo o 90 aniversário de Fidel.
Sábado 30, en Vigo, a Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil” fará unha ofrenda floral no 163 aniversario do natalicio do heroe de la independencia de Cuba, perante a súa estatua nos xardíns de Montero Ríos. Será ás 12,00 coa presenza do Cónsul Xeral de Cuba en Galiza e da directiva e amigos de la Asociación Galego-Cubana.