Granma – Axéncias – Terra Sen Amos
Raúl Castro ratificou a propiedade pública estatal como garantía da viabilidade do sistema económico socialista e durante a clausura da sesión plenária da Asemblea Nacional do Poder Popular na súa VIII Lexislatura, anunciou a publicación de normas para regular o traballo por conta propia, establecido por mor da Reforma Económica. Raúl dixo que sería aplicada a maior brevidade posibel a unidade monetária e cambiária e recordou o seu compromiso de trasmitir as súas responsabilidades como presidente dos consellos de Estado e de Goberno para a Asemblea de abril de 2018. No discurso salientou a alta participación cidadá nas pasadas eleccións para delegados das Asembleas Municipais do Poder Popular, cunha asistencia en primeira volta do 89,2 por ciento, superior a do proceso realizado en 2015.