Arquivo da etiqueta: SGAE

A INOCENCIA FINXIDA DO TURISTA LUIS YAÑEZ

Gustavo Luca – Terra Sen Amos

Informan ao eurodeputado do PSOE Luis Yañez, no aeroporto da Habana, que é persoa non grata e reaparecen nesta beira os mesmos editoriais de cando Cuba negara condición de turista ao secretario de Relacións Internacionais do PP Jorge Moragas, outubro de 2004. Yáñez imita a Moragas na finxida inocencia: a diferenza só está en que o finxidor deste hora non é cabo de cociña de Aznar senón maleteiro-xefe de Felipe Gonzalez.

Non hai moito, o partido de Felipe González e de Yáñez recomendara, por boca do chanceler Miguel Angel Moratinos, acabar coa vinganza común europea contra a única ex-colonia caribeña emancipada con todas as da Lei. Liberada non coma as vellas posesións británicas, dependentes do favor e a norma colonial malia teren sido formalmente independizadas; non coma as que pasaron da manumisión española á norteamericana sen cambiaren nin o decorado; nada semellante á burla dos descendentes dos escravos franceses nas Antillas, instruídos nos Territorios de Ultramar coma fillos da Galia. O anuario da ONU non deixaría mentir: o único Estado que vota con plena independenza nese rico arquipélago que un día fora confundido coas beiras de Cipango, é o cubano. Seguir lendo A INOCENCIA FINXIDA DO TURISTA LUIS YAÑEZ