JUVENTUD REBELDE, GRANMA, CUBADEBATE
O presidente de Cuba non deu tempo a que os comentarios ameazantes e despectivos, proferidos contra eles polo goberno de Washington, corresen polas axencias dominantes e a silveira de redes controladas polo Norte e avisóu que eran inaceptábeis e que estaban fóra do respecto obrigado entre as nacións. A invocación da presidencia foi para reafirmar que o pobo de Cuba estaba disposta para a defensa. Diaz Canel recusou os brados de Polifemo de Trump e dixo que non compría prestarlles consideración por procederen dun goberno carente de moral e afeito a convertelo todo en negocio, mesmo as vidas humanas.
“Somos nós os agredidos polos EUA: Cuba é unha nación libre, independente e soberana, que non admite imposicións”, recordou Diaz Canel ao pé das ameazas de Trump.
“Bradan histéricos contra nós por termos escollido como pobo, soberanamente, o noso modelo político”. Para a opinión política que polo mundo adiante prefire acomodarse a propaganda imperialista, o presidente dixo que aos que culpan á Revolución Cubana de atrancos na súa economía, caerlles debería a cara de vergoña pois coñecen sobradamente as medidas draconianas e asfixiantes que os EUA aplican a Cuba por máis de seis décadas e agora ameazan con subilas ainda de intensidade”. Dixo que Cuba non agredía a ninguén: “somos nós os agredidos polos EUA: Cuba é unha nación libre, independente e soberana, que non admite imposicións; Cuba está preparada e disposta para defender a patria até a derradeira gota de sangue!”
Medios cubanos lembran a partir das ameazas das Casa Branca que Barack Obama, dende a presidencia dos EUA, propuxera convivencia a Cuba, viviren como “bós veciños”, unha opinión que compracera a certos sectores da poboación da illa que recomendaban ceder, abandonar a coeréncia independentista histórica e acomodarse ás condicións impostas dende o Norte. Esta opinión presentaba a dignidade coma teimosía e a firmeza coma anacronismo. Contra este xeito de entender o Bloqueo, outra, popular, esencial e dominante, recorda que non fora Cuba quen decidira ameazar a maior acumulación militar e económica do planeta.
