VINTEDÚAS ORGANIZACIONS POLÍTICAS RECLAMAN EN PONTEVEDRA A LIBERDADE DOS CINCO HEROES CUBANOS E O CESE DO BLOQUEO

Varias organizacións políticas e sociais galegas reclamaron onte en Pontevedra a liberdade para os cinco patriotas cubanos presos inxustamente en Estados Unidos.

Reunidas onte na Praza da Peregrina en Pontevedra, vintedúas formacións esixiron a liberación de Antonio Guerrero, Fernando González, Gerardo Hernández, Ramón Labañino e René González. Valentín Alvite Gándara, presidente da Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”, relatou o caso dos cinco anti-terroristas no intre de cumpriren quince anos de privación de liberdade en cadeas norteamericanas.

VINTEDÚAS ORGANIZACIONS POLÍTICAS RECLAMAN EN PONTEVEDRA A LIBERDADE DOS CINCO HEROES CUBANOS E O CESE DO BLOQUEOCoñecidos internacionalmente como “Os Cinco Heroes”, estes cubanos foron condenados ao máximo castigo polo goberno dos Estados Unidos por teren conseguido información dos grupos terroristas de Miami, causantes, entre outras matanzas, da morte de 73 pasaxeiros dun avión civil cubano no ano 1976.

Unha resolución asinada onte en Pontevedra, fai un chamamento para o remate da inxusta tortura dos Cinco Heroes e recórdaos como “exemplo de entrega para a defensa do máis xeneroso dos ideais: protexer as vidas das persoas”. De porparte, o texto contén unha condena do bloqueo imposto por Estados Unidos a Cuba desde hai máis de cincuenta anos, causante de danos económicos superiores aos cen mil millóns de dólares.

As organizacións asinantes son: ABRIGA, ANOVA, Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil, Asociación Cultural Amigo@s da Cultura, Asociación Cultural A Revira, Asociación Galega de Amizade coa República Bolivariana (AGARB), Bloque Nacionalista Galego (BNG), BRIGA, CEIVAR, Causa Galiza, Esquerda Unida,Galiza Nova, ISCA, Liga Estudantil Galega, Mar de Lumes, MGS, NÓS UP, PCPE-G, PCPG, PCG e Xuventude Comunista.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *