Terra Sen Amos – Redacción
Depois de a maioria do Senado declarar suspensa a presidéncia electa da República do Brasil, o governo de Cuba difundiu unha declaración de apoio para a presidenta Dilma Rouseff, o Partido dos Trabalhadores, o ex-presidente Lula da Silva e o povo dos Estados Unidos do Brasil. A nota da Habana recorda que se trata dun golpe de Estado parlamentar-xudicial, disfrazado de legalidade, ensarillado hai meses co propósito de revertir o proxecto político do Partido dos Trabalhadores, derrocar o governo democrático e suplantar un poder que os intereses financeiros e o imperialismo non deran gañado co voto.
Governo de Cuba di que o golpe contra a presidencia e o gabinete do Brasil, forma parte dunha contra-ofensiva reaccionaria do imperialismo e a oligarquía contra os governos revolucionarios e progresistas de América Latina e o Caribe, unha ameaza de feito contra a paz, a estabilidade e o espírito e a letra da Proclama de América Latina e o Caribe como Zona de Paz, asinada no II Cumio da CELAC en Xaneiro de 2014 na Habana polos xefes de estado e de governo da rexión.
Como expresara o Presidente dos Consellos de Estado e de Ministros da República de Cuba, Raúl Castro Ruz, na clausura do VI Período Ordinario de Sesións da Asemblea Nacional do Poder Popular, 29 de decembro: “A historia demonstra que chegando a dereita ao governo, desmonta as políticas sociais, benefícia aos ricos, rearma o neoliberralismo e aplica crueis terápias de choque contra os homes e mulleres traballadores e a mocidade”.
A meridiana nota do Governo Revolucionário cita unha declaración de Raúl Castro na clausura da VI lexislatura do Poder Popular na que definía o interese expreso dos governos da dereita por suspender as políticas sociales, beneficiar aos ricos, restablecer o neoliberalismo e aplicar políticas de castigo contra os traballadores, as mulleres e a mocidade. “O Povo do Brasil -prosegue a declaración- as forzas políticas de esquerda e os combativos movimentos sociais da nazón, recusan o golpe de Estado e manterán unha actitude decidida de defensa dos importantes programas sociais postos en pé polos governos do Partido dos Traballadores, con Lula e Dilma, coma “Bolsa Familia”, “Máis Médicos”, “Minha Casa-Minha Vida” e “Fome Cero”, que cambiaron a vida de millóns de persoas”.
O Governo Revolucionário reitera a solidariedade de Cuba con Dilma, Lula, o Partido dos Trabalhadores e o povo do Brasil.