Campaña de Solidariedade

CAMPAÑA GALEGA DE APOIO Á SANIDADE CUBANA

A Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil” puxo en marcha en xullo 2025 unha campaña galega de apoio á sanidade cubana que se irá desenvolvendo e estendendo por todo o noso país durante os vindeiros meses, para converterse nunha iniciativa permanente de solidariedade que leve a Cuba contedores con axuda médica do pobo galego.

Seis décadas dun brutal bloqueo e sancións por EE.UU. están afectando significativamente a calidade e as prestacións do sistema nacional de saúde en Cuba, con graves consecuencias para a súa poboación, especialmente a infancia, as mulleres e as persoas de idade avanzada ou con doenzas crónicas. As recentes medidas terroristas adoptadas en 2025 polo goberno norteamericano encabezado por Donald Trump e o seu acólito Marco Rubio, agravaron aínda máis esta situación e exixen de nós unha resposta consecuente e un esforzo solidario para abrir novas canles de axuda a Cuba. Imos mobilizar a solidariedade e a xenerosidade do noso pobo para rachar a muralla do bloqueo a Cuba e enviar contedores de axuda.

Dirixímonos a todas as organizacións (partidos, sindicatos, asociacións e colectivos) e persoas solidarias con Cuba para ir establecendo unha rede de puntos nos que xuntarmos axuda médica para a sanidade cubana.

Que precisamos xuntar?

  • Insumos e consumíbeis desbotábeis: xiringas, luvas, vendaxes, sondas, etc
  • Medicamentos, todos agás líquidos,  con caducidade posterior a maio 2026
  • Produtos de hixiene: cueiros, compresas, etc.
  • Gafas e monturas
  • Equipamentos hospitalarios e clínicos en bo uso: camas, cadeiras de rodas, camillas, instrumental cirúrxico, etc

Como axudar?

  • Establecendo un punto de recolleita en coordinación coa organización da que formes parte ou directamente coa nosa asociación.
  • Levando aos puntos de recolleita a axuda médica que poidas xuntar. Iremos facendo pública aquí a listaxe dos locais con puntos habilitados, a medida que organizacións ou institucións vaian adherindo á campaña.
  • Participando nas tarefas de transporte, clasificación e acondicionamento e carga das doazóns recibidas.
  • Ingresando unha achega económica na conta da asociación:  IBAN ES67 2080 5000 6730 4019 4383 ou facendo unha doazón ao código bizum da asociación (en trámitación neste momento). Dispoñemos tamén de bonos de 2 e 5 euros que se poden adquirir canda a nosa afiliación.

 

Onde levar a túa axuda (medicamentos ou insumos médicos)?*

Ares:

  • Local do BNG (Rúa dos Anxos, 69 baixo). Luns: de 10:30 a 13:00 h e de 17:30 a 20:30 h.

O Barco de Valdeorras

  • Local da CIG (Praza do Concello, 2 – 1º). De luns a venres: de 9:30 a 13:30 h e de 16:30 a 20:00 h.

Burela:

  • Local da CIG (Rúa Arcadio Pardiñas, 137-2º dta.). De luns a venres, pola mañá: de 10:00 a 13:30 h. Martes e xoves, pola tarde: de 17 a 19 h.

Cangas:

  • Local da CIG (Rúa Atranco, 16 – entrechán). De luns a xoves: de 9:30 a 13:30 h e de 16:30 a 20:00 h. Venres: de 9:30 a 13:00 h.
  • Local da CUT (Avda. de Vigo, 12 – baixo). De luns a venres: de 10 a 13 h.

Carballo:

  • Local da CIG (Rúa Río Sil, 52 baixo). De luns a venres: de 9:30 a 13:30 h e de 16:30 a 20:00 h.

Cee:

  • Local da CIG (Rúa O Son, Edif. Anmafra). De luns a venres: de 16:00 a 19:45 h.

Chantada:

  • Local da CIG (Praza de Galiza, s/n). Xoves: de 17 a 20 h.

A Coruña:

  • Local do BNG (Rúa das Damas, 4 A). Luns: de 16 a 20 h.
  • Local da CIG (Avda. Alfonso Molina, 90 -6º. Edificio sindical). De luns a venres: de 9:30 a 13:30 h e de 16:30 a 20:00 h.
  • Local da CUT (Rúa Barcelona, 90). Xoves: de 17:30 a 20:00 h.
  • Local do PCG/EU (Rúa Cardenal Cisneros, 60). Todos os sábados de 11 a 13 h.
  • Local da axencia CORUÑA VIAXES (Rúa Marqués de Pontejos, 11). De luns a venres: de 9 a 17 h.
  • Local do ximnasio AZTECA BOX (Rúa Rodrigo Alfredo de Santiago, 60). De luns a venres: de 11 a 13 h e de 18 a 22 h.

A Estrada:

  • Local da CIG (Rúa Capitán Bernal, 10 – 2º). Luns e xoves: de 17 a 20 h. Martes e mércores: de 10:00 a 13:30 h. Venres: de 9:30 a 13:30 h.

Fene:

  • Local do BNG (Avenida Naturais, 41 baixo). Martes e xoves: de 10 a 14 h e de 17 a 19 h.

Ferrol:

  • Local da CIG (Rúa Eduardo  Pondal, 41/43 – entrechán). De luns a venres: de 9:30 a 13:30 h e de 16:30 a 20:00 h.
  • Local de CC.OO. Unión Comarcal (Rúa de María, 42). De luns a xoves: de 9 a 14 h. e de 16 a 19 h. Venres: de 9:00 a 14:30 h.
  • Local do PCG/EU (Rúa Sol, 124 – entrechán). Mércores: de 17 a 20 h.

A Guarda:

  • Local da CIG (Praza da Guía, 3). De luns a venres: de 9:30 a 13:30 h e de 16:30 a 20:00 h.

Lalín:

  • Local da CIG (Rúa Areal, 1 – 1º dta.). De luns a xoves: de 10:00 a 13:30 h. Mércores: de 16:30 a 19:30 h.

Lugo:

  • Local do BNG (Rúa Miguel de Cervantes, 34 entrechán). De luns a venres: de 9:30 a 14:30 h. e de 16:30 a 20:00 h.
  • Local da CIG (Ronda da Muralla, 58 – baixo). De luns a venres: de 9:30 a 13:30 h e de 16:30 a 20:00 h.
  • Local do PCG/EU (Carril do Son, 3 – 1º). Todos os xoves de 17:30 a 19:30 h.
  • Local do Centro Social MádiaLeva! (Rúa Serra de Ancares, 18). De luns a venres: de 19:30 h a 21:00 h.

Moaña:

  • Local do BNG (Urbanización O Sol, 13 entrechán C). Luns e mércores: de 18:30 a 20:30 h. Sábado: de 10:30 a 13:30 h.

Monforte de Lemos:

  • Local da CIG (Rúa Baamonde, 29 – 1º). De luns a mércores: de 9:30 a 13:30 h e de 16:30 a 20:00 h. Xoves: de 9:30 a 13:30 h. Venres: de 9:30 a 13:30 h e de 16:30 a 20:00 h.

Ogrobe:

  • Local do PCG/EU (Avda. Luis Casais, 11 – baixo). Todos os martes de 17 a 20 h.

Ourense:

  • Local do BNG (Rúa das Burgas, 2). De luns a venres: de 10:00 a 14:30 h.
  • Local da CIG (Parque de San Lázaro, 12 – 4º). De luns a venres: de 9:30 a 13:30 h e de 16:30 a 20:00 h.
  • Local da CUT (Rúa Pura e Dora Vázquez, 11 – baixo). Xoves: de 17:30 a 20:00 h.

Ponteareas:

  • Local do BNG (Rúa Alfonso Vázquez Fraile, 8). Martes e mércores: de 15 a 19 h. Xoves e venres: de 10:30 a 13:30 h.

Pontedeume:

  • Local do Colectivo Terra (Avda. da Coruña, 17). Venres: de 20 a 23 h.

As Pontes:

  • Local da CIG (Rúa Balsa, 28). De luns a venres: de 10:00 a 14:00 h. De luns a xoves: 16:00 a 20:00 h.

Pontevedra:

  • Local do BNG (Rúa da Marquesa, 3 – 1º I). De luns a venres: de 10 a 14 h e de 17 a 20 h.
  • Local da CIG (Rúa Pasantería, 1 – 2º). De luns a venres: de 9:30 a 13:30 h e de 16:30 a 20:00 h.
  • Local da Asociación de Veciños Eduardo Pondal – Centro Social Gorgullón (Rúa Curtidoira, 1 – baixo).

Ribadeo:

  • Local da CIG (Avda. Galiza, 20 – 3º). De luns a venres: de 10:00 a 13:30 h.

Ribeira:

  • Local da CIG (Rúa Estatuto, 4 – baixo). De luns a venres: de 9:30 a 13:30 h e de 16:30 a 20:00 h.
  • Local da CUT (Rúa de Galicia, 17). De luns a xoves:  . Venres:

Santiago de Compostela:

  • Local da Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil” (no Antigo Colexio Ramón Cabanillas, no CSC do Castiñeiriño, Sala 12). Primeiros e terceiros mércores do mes, de 18 a 20 h. (Outros horarios, a concertar no whatsApp: 627 575 852)
  • Local do BNG (Rúa do Home Santo, 54 baixo). De luns a venres: de 9 a 15 h.
  • Local da CIG (Rúa Miguel Ferro Caaveiro, 10). De luns a venres: de 9:30 a 13:30 h e de 16:30 a 20:00 h.
  • Local da CUT (Finca Tenencia de Velasco. Travesa do Sar. Rúa Clara Campoamor, s/n). De luns a venres: de 10 a 13 h.

Teo:

  • Local do BNG (Travesía de Cacheiras, 62). Martes: de 19:00 a 20:30 h. Venres: de 11 a 13 h.

Verín:

  • Local da CIG (Rúa Pedro González, 5 – 1º). De luns a venres: de 9:30 a 13:30 h e de 16:30 a 20:00 h.

Vigo:

  • Local da Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil” (Rúa Cánovas del Castillo, 10 – 1º, oficina 5). Todos os xoves de 18 a 20 h. (Outros horarios, a concertar no whatsApp: 627 575 852)
  • Local do BNG (Rúa Celso Emilio Ferreiro, 3 baixo). De luns a xoves: de 10 a 14 h. e de 17 a 20 h. Venres: de 10 a 14 h.
  • Local da CIG (Rúa Gregorio Espino, 47 – entrechán). De luns a venres: de 9:30 a 13:30 h e de 16:30 a 20:00 h.
  • Local da CUT (Rúa Urzáiz, 71 – entrechán dereita). De luns a venres: de 10 a 13 h.
  • Local social de A Morada Cooperativa (Rúa Enrique X. Macías, 6). De luns a venres: de 10 a 14 h. e de 16 a 21 h. Sábado: de 10 a 14 h.

Vilagarcía de Arousa:

  • Local da CIG (Rúa Alexandre Bóveda, 2 – 2º). De luns a venres: de 9:30 a 13:30 h. e de 16:30 a 20:00 h.
  • Local do BNG (Rúa Edelmiro Trillo, 18 – oficina B). De luns a xoves: de 9:00 a 14:15 h. e de 17:00 a 19:15 h. Venres: de 9:00 a 14:15 h.

Viveiro:

  • Local da CIG (Rúa García Dóriga, s/n – 2º). De luns a venres, pola mañá: de 10:00 a 13:30 h. Luns e mércores, pola tarde: de 17 a 19 h.

* (Esta listaxe de locais actualizarase a medida que se incorporen organizacións ou colectivos á campaña).

Para máis información ou contacto: 

  • correo electrónico: galegocubana@gmail.com
  • whatsApp: 627 575 852

2 reflexións sobre “Campaña de Solidariedade”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil"

Visit Us On TwitterVisit Us On Facebook