Albino Presedo – Mexico DF
A Fundación Konrad Adenauer ( Konrad Adenauer Stiftung, ou KAS) quere intervir no goberno de Cuba, sen que lle preocupe contar coa opinión do pobo cubano. Non se sabe quen lle conferiu autoridade e esta fundación rexistrada en Alemaña e colaboradora da National Endowment of Democracy (NED), instituida por Ronald Reagan para operaciones ocultas da CIA. A KAS identifícase como “fundación política independiente”, mália recoñecer o seu compromiso coa Democracia Cristiana, e asegura ser “non gobernamental“ o que non se corresponde cun orzamento anual de máis de 100 millóns de Euros que proceden do goberno federal, ao que rende contas.
Tendo en conta que o executivo de A. Merkel atravesa unha fonda crise de confianza, ten todo o sentido preguntar dende as beiras do Caribe, se a fundación pretende buscar un amaño aos problemas propios mediante a intervención na vida dos demais.
Por exemplo, o seu plano para Cuba non se parece ren ao seu manifesto democrático, porque dáse a circunstancia de a illa padecer dende hai 56 anos o Bloqueo dos EUA e os problemas e necesidades que xera, nomeadamente para as idades máis expostas. A maiores, a KAS di que ten a moita honra a súa colaboración coa Fundación Nacional para la Democracia, (NED, nas siglas de National Endowment for Democracy) que tamén presume de ser independente do goberno dos EUA mesmo que estea as ordes do Consello Nacional de Seguridade fundado por Ronald Reagan en 1983 para servir a política imperial. Conclusión: a fundación propón salvar a Cuba dos seus problemas axudando aos que a bloquean e pagados cos cartos dos bloqueadores.
Por moito que as hostes de Merkel xuren que o seu fito son os ideais da Democracia Cristiana, o que se pode comprobar é que conspiran contra o goberno de Cuba. Arestora, a KAS finanza o terrorismo político dende México contra Cuba con dinero dos gobernos de Alemaña e dos EUA.
Maio pasado, a Fundación Konrad Adenauer organizou e pagou un congreso en Mexico DF co obxectivo de unificar a dividida contrarrevolución cubana e promover un acordo sobre reparto do diñeiro norteamericano que finanza o seu labor conspirativo. Os alemáns non deron realizado seu propósito porque a activa división dos axentes contrarrevolucionarios ten unha causa principal que é o reparto de fondos. A KAS mediou perante as autoridades mexicanas para poder relanzar a Mesa para Unidade (MUD) de a pouco metida en via morta ao ser acusado de corrupción o seu lider Manuel Cuesta Morúa. Fernando Palacio Mogart, Eroisis González Suárez, Boris González Arenas, Roberto Díaz Vázquez, María Elena Mir Marrero, Hildebrando Chaviano y Roberto Jiménez Gutiérrez admiten que é vital organizarse mais non dan acordado quen debe presidilos.