O que nos Estados Unidos e na Unión Europea chaman “presos de conciencia” son, en realidade, contrarrevolucionarios que cobran un salario para actuaren contra Cuba, dixo en Xixón Fabián Escalante. Xeneral do Exército de Cuba e ex-responsábel da seguridade do Líder da Revolución. Escalante negou perante a prensa que informa sobre a XXIII Semana Negra de Xixón, o cualificativo de “disidencia”, entregado con tanta largueza polos medios aos contra-revolucionarios “A famosa disidencia non supera o centenar de persoas: non me parece que a iso se lle poida chamar disidencia”.
Cando triunfou a Revolución, en Cuba, Escalante, de 18 anos e militante das Xuventudes Socialistas, estaba na cadea; dous anos despois, en 1961, xa formaba parte do servizo de seguridade da Presidencia dende o que daría evitado 636 intentos de asasinato argallados contra o comandante Fidel Castro entre 1961 e 1963.
Corenta anos despois daqueles feitos, este xeneral retirado conta as súas experiencias en doce libros, postos pola primeira vez á venda en España durante a II xornada da Semana Negra de Gijón. En títulos que cabalgan entre o xénero do ensaio e a novela, como Operación Exterminio.50 anos de agresións contra Cuba”, relata as conspiracións e complots que, especialmente durante a década dos sesenta, se pergeñaron contra o réxime cubano.
“O atentado máis importante foi a bomba que a Policía de Nova York fixo por colocarlle a Fidel no Parque Central [Central Park] en 1961.
Neste atentado tamén estiveron impliucadas as mafias de Chicago e Florida”, recordaba Escalante, de 69 anos que tamén relatou como EEUU quixo envelenar a Castro cunhas cápsulas nun batido de chocolate (“Fidel -dixo- ten a rara habilidade de presentir as emboscadas”) e como o seu equipo logrou desactivar as oito granadas que lle ían lanzar durante un partido de béisbol en outubro de 1961. “Nese tempo chegou a haber ata 5.760 actos terroristas en Cuba”, asegura.
Todo aquilo aconteceu nunha época na que o servizo de seguridade de Cuba estaba composto por apenas un centenar de persoas que non superaban os 30 anos de idade. “Eu entrei con 20 e alí ninguén tiña experiencia”, sinala. O momento máis crítico, na súa opinión, produciuse en 1962, cando o Executivo do presidente John Kennedy creou unha base en Miami xenerosamente finanzada para contrarrestar as actividades revolucionarias cubanas. Estaba composta por 400 oficiais e máis de 4.000 axentes. “No outro lado, con todo, o único que tiñamos era improvisación. A seguridade era moi simple. Existían varias seccións e só había 12 oficiais por sección”, recoñece o antigo xefe da Intelixencia cubana, que tamén combateu en Angola e que coñeceu de preto a Contra nicaraguana.
A GUERRA CONTINUA Os tempos cambiaron para Escalante. As épocas non son comparabeis. Ora, o xeneral nota que “a guerra psicolóxica contra Cuba non variou nada”. Precisamente, con respecto aos encarcerados e a recente noticia da liberación de 52 deles durante unha visita do ministro de Exteriores de España, Miguel Ángel Moratinos, Escalante sinala que é “falso que non se fixeran liberacións ata agora. “Ademais, non se esqueza que están presos por cobrar un salario da sección de intereses de EEUU”.
O ex xeneral si cre que hai cousas que deben cambiar na illa: por exemplo, as represalias contra os homosexuais. “Non o comparto. Non dubido que alguén puidera ter sido represaliado por isto”.
Fabián Escalante era case un adolescente cando Fidel e compañía entraron en La Habana. El sabe que é produto dunha xeración histórica. “Eu estiven no lugar e no momento axeitado para ser xeral”. E para salvarlle a vida a Castro varias veces” O xeral salvou a vida a Fidel 636 veces.