A REDE dí que premiar a Machado co Nobel da Paz é un paso máis na promoción imperial da guerra

REDE EN DEFENSA DA HUMANIDADE

Distinguir  María Corina Machado co Premio Nobel da Paz é unha escalada cínica do discurso presidencial dos EUA e un paso máis da promoción imperial da guerra: o premio busca instalar no imaxinario colectivo a narrativa dunha invasión a Venezuela, disfrazada de guerra pola liberdade. A Rede de Intelectuais, Artistas e Movementos Sociais en Defensa da Humanidade cualifica de aldraxe distinguir co nome da paz unha biografía belicista e imperialista coma a de Machado.

As guarimbas causaron en Venezuela 131 mortes, só entre 2014 y de 2017 (datos da OEA) e tiveron sempre en Machado unha afervoada defensora.[

A Rede cualifica de inadmisíbel e hipócrita que o Comité do Nobel presente a Machado como unha figura unificadora, cando o seu historial proba todo o contrario: obrou constante e abertamente contra o pobo de Venezuela e a súa actuación política centrouse no chamado explícito a derrocar aos gobernos lexítimos de Hugo Chávez e Nicolás Maduro, e en respaldar activamente ás sancións criminais do imperialismo contra o pais no que nacera así como na promoción da confrontación violenta nas rúas de Venezuela para forzar unha saída anticonstitucional do goberno lexítimo.

Para a instancia internacional en defensa da humanidade, a premiada  requerira a intervención de Netanyahu na campaña imperial contra Venezuela  —arquitecto da aniquilación de Gaza e do xenocidio do pobo palestino— asinara o compromiso de de instalar en Xerusalen a embaixada de Venezuela, aliñándose abertamente cun Estado de Apartheid acusado internacionalmente de xenocidio. Unha alianza estratéxica que a fai cúmplice do crime cometido contra o pobo palestino.

Un patrón de comportamento que a Rede chama fascista e que ten como fin principal e manifesto socavar a Soberanía de Venezuela para entregar impunemente unha terra de paz, que alberga as reservas de petróleo máis grandes do mundo, ao insaciábel vórtice imperialista dos EUA.

Erguer un expediente belicista coma o de Machado no abeanco da Paz, recibe no documento o cualificativo de estratexia de morte e dominación, que pretende aplicar a Venezuela una estratexia de dominación á medida dos EUA que despreza o dereito inalienábel do pobo venezolano á súa autodeterminación e que busca converter ao Caribe nun escenario de guerra.

Contra este deseño imperial que busca xustificar a morte e a destrución de toda unha nación e ofende a racionalidade e a dignidade, a Rede dirixe un chamado urxente a todas as voces que defenden a  independencia e a autodeterminación para se ergueren en defensa da paz. “Non permitamos que se lexitime a inxerencia e a guerra!” invoca o documento.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *