O Consello de Defensa de Cuba ultima as previsións para a defensa

Prensa Latina – Juventud Rebelde

A radio e a prensa de Cuba informaron da sesión do Consello da Defensa Nacional que foi presidida por Raúl Castro, líder da Revolución e polo titular da República, Miguel Díaz-Canel coa participación do plenario que acudiu acompañado de mandos do Estado Maior das Forzas Armadas e do ministerio do Interior. As novas da xuntanza ocuparon un lugar preferente nos media do dia seguinte, coa precisiónde de a convocatoria formar parte, como é norma, do programa previsto do Dia da Defensa para determinar a preparación e o proceso de actuación dos órganos de direción da estrutura armada e de interior e da súa relación coa poboación. Integrantes do Consello detallaran na véspera a orde do día do plenario e o programa do Día da Defensa.

A xuntanza do Consello da Defensa foi nova de primeira en toda a prensa de Cuba.

Durante a sesión analizaron as previsións e medidas do paso a un eventual Estado de Guerra, como parte da mobilización e desenvolvemento do Estado de Guerra previsto para a inminencia estratéxica do povo en situación de defensa armada.

Dando conta da convocatoria, as informacións relatan a participación de Raúl Castro Ruz, líder de la Revolución, e o seu comentario positivo sobre o cumprimento do programa previsto. A asemblea entrou nos pormenores do Dia da Defensa en todo o territorio e na participación prevista das forzas populares para respostar calquera agresión.

O Presidente de la República ten a potestade de designar un Vicepresidente e conselleiros para defenderen o pais en situacións excepcionais e de forza maior e asumiren as atribucións do Estado, coa excepción de la facultade constituínte.

Dias antes da convocatória, Díaz Canel saira ao paso de excesos verbais recollidos nas redes que colaboran co imperialismo, nun contexto de agresión a Venezuela e de ameazas da Casa Branca sobre o mapa do Caribe e afirmóu: “Cuba non agrede senon que é agredida polos EUA dende fai 66 anos! Cuba non ameaza, prepárase para defender a Patria deica o derradeiro pulso!Cuba é Carraxe!”.

Versión en Galego de Avelina Falcoa para Terra Sen Amos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *