Todas con Cuba: contra a ameaza imperialista e polo dereito a vida

O Comité Internacional Paz, Xustiza e Dignidade aos Pobos fai un chamado as mulleres e homes de boa vontade para acompañar as accións que terán lugar por todo o mundo a partir do 19 de abril , no Ano do Centenario de Fidel e 65 aniversario do triunfo de Girón, primeira derrota do imperialismo
na América Martiana.

É de xeral coñecemento o dano provocado polo bloqueo dos EUA a Cuba por 66 anos, condenado por aclamación en 33 ocasións na Asemblea Xeral da ONU e reivindicado apenas polo imperialismo e os sionistas. As 243 sancións adicionais que envorcaron sobre a illa dende a primeira presidencia de Trump, agraváronse coa infame inclusión de Cuba na espuria lista de países presuntamente instigadores do terrorismo e coa difamación mentireira contra os Acordos de Colaboración Internacional Médica.

Non conforme co dano provocado a toda a poboación, o actual goberno de Washington
declarou 29 de xaneiro que Cuba constituía  "unha ameaza insólita e extraordinaria" e cravóulle un bloqueo enerxético baixo a chantaxe de aplicar aranceis aos países de calquera parte do mundo que tentase vender petróleo a illa.

Gabándose das súas mentiras e cinismo, o secretario de Estado Marco Rubio afirmou que os padecementos da poboación cubana son causados directamente pola ruín xestión do goberno de Cuba, negando a existencia do bloqueo, principal atranco do país. Trump acrecentóu: “Exercemos toda a presión posibel contra Cuba" e con fachenda de verdugo engadiu:  "A única opción que nos queda é entrar e  arrasala: Vaime caber a honra de ocupar Cuba".

A ameaza da agresión militar estivo presente durante 67 anos. Hoxe devén probabilidade co carácter bélico e criminal dunha administración fascista, que intenta tapar o fracaso interno e os problemas sociais do seu país, despreza o Dereito Internacional e a soberanía dos pobos e fachendea que vai apropiarse de toda a rexión e bombardear o país agredido se rende aos seus espúreos intereses.

Cuba está a sofrer a política criminal dos Estados Unidos: ten 1400 nenos doentes de cancro cuxos tratamentos perigan por falta de medios; 96 mil pacientes están en lista de espera para intervencións cirúrxicas que non poden realizarse polo bloqueo de material básico de quirófano; deles, 11 mil son nenos. Perigan tamén os naipelos que viran con viran con baixo peso ou deben ser tratados en incubadoras e as embarazadas que requiren de terapia especial.

Cuba padece longos apagamentos; falta de alimentos e medicamentos, lagoas de transporte público e mália ese enorme sofrimento non deixa de traballar un só día, de estudar, crear e loitar pola vida.

Cuba, tan lonxe da vocación de guerra, prepárase para a defensa, alístase para recusar unha agresión militar, con firmeza, máis aló da inmensa diferenza entre o país máis armado do mundo e a Illa Solidaria. Cuba e o seu pobo preparan a defensa da Revolución, a soberanía e a independencia.

E asemade enfronta outra guerra: a mediática que é tamén multidimensional, con titulares que se transforman en falsas etiquetas en redes sociais, que falsean, manipulan e envelenan a información para dividir e sementar odio. Axudemos Cuba: contra a ameaza imperialista e polo dereito a vida!

Cuba quer viver en paz. Posúe un patrimonio cultural admirado mundo enteiro: desenvolvemento da biotecnoloxía, creación de vacinas propias que salvaron millóns de vidas durante a pandemia do Covid, medicamentos de eficacia probada que poden mellorar a calidade de vida de millóns, ter formado milleiros de médicos de paises do sur global mediante bolsas provistas polo Estado socialista. Logrando todo isto no medio do bloqueo e de agresións arreo, cadra preguntar como sería Cuba sen bloqueo xenocida.

Cuba non é, e nunca poderá ser, unha ameaza para ninguén. O que temen Donald Trump e Marco Rubio, o que temeron sempre as administracións estadounidenses, é o seu exemplo, a súa ética Martiana e Fidelista, o seu humanismo e Internacionalismo. Xamais poderán apagar a luz que irradia a Revolución Cubana.

Saiamos ás rúas en defensa da Esperanza; que os medios amigos publiquen os nosos comunicados, chamamentos e declaracións; abonda de canalla mediática. Tomemos o exemplo de La Jornada para que a mesma participación solidaria poida inzar na prensa libre e progresista.

Que as nosas chancelerías e gobernos pasen das declaracións aos feitos: rompan o bloqueo enerxético coma fixo Rusia e teñan a resposta solidaria de México e China.

Lembremos aos gobernos da Nosa América, O Caribe, Europa e África de todo o que Cuba deu aos pobos. Chegou o intre de corresponder, alomenos por unha parte mínima do recibido de Cuba.

Lembremos a derrota, en 72 horas, dos EUA en Girón.
Pode que envien tropas, mais ignoran cando poderán regresar.
Dende as cidades e a Serra, dende os campos e até debaixo das pedras, Cuba defenderase a machete se for o caso, porque nunca mais volverá ser colonia ianqui.

Mobilización Internacional polo dereito de Cuba á Vida e á Paz!

Comité Internacional Paz, Xustiza e Dignidade aos Pobos.

9 de abril de 2026

Versión en Galego Lina Castro para Terra Sen Amos.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *