Cuba despide a Ramiro Valdés, heroe da República e do Traballo

Marily Schneider (Santiago de Cuba) – TSA

Raúl Castro e o presidente Diaz Canel despediran na Habana a Ramiro Valdés, heroe do Moncada, preso na cadea de Pinos, tripulante do Granma e protagonista principal da Guerra de Liberación. No relato da Revolución Cubana, Valdés representa o compromiso do proletariado militante contra a mentira do governo cúmplice da requisa colonial delegada do imperio dos EUA e o compromiso de xustiza, instrucción, progreso e defensa da independencia nacional. A homenaxe de Valdés na Habana tivo réplica en Santiago de Cuba, no Museo 26 de Xullo (instalado no edificio do que for a Cuartel Moncada) e noutras cidades de Cuba que lembraron con diversos programas o compromiso revolucionario de Valdés.

Ramiro Valdés na serra do Escambray entre Raúl e Fidel.

O título de Heroe do Traballo honraba a implicación de Valdés na solución de problemas de importancia para o país coma o da xeneración eléctrica saboteada polo bloqueo. Dende a súa condición de vice-primeiro ministro, Ramiro Valdés conciliaba criterios e procurba a disposición de recursos para os atrancos de orxe reaccionaria non dar travado a vida diaria do pais. Ramiro Valdés recusaba seguir problemas a distancia senón e intervía nas obras, replicando os anos mozos nos que traballaba de electricista e reservaba o tempo de lecer para debater problemas de historia e de teoría política cos camaradas da clandestinidade.

Ortelio González recorda no Granma Diario a presenza do comandante da Revolución nos parques fotovoltaicos ou na bioeléctrica da Central Ciro Redondo, con paso firme para ter visión dos xeneradores a varios metros de altura ou comprobando a instalación de parques solares coma a primeira hidroeléctrica de Ciego de Ávila que leva o nome da súa columna na Serra.

Valdés nacera en Artemisa (Pinar del Rio) 28 de abril de 1932 . Participara no Exército Rebelde despois do histórico golpe contra o cuartel Moncada ,no que tivo un papel principal con 21 anos. Fora membro do Buró Político do Partido Comunista e vice-presidente dos consellos de Estado e de Ministros até 2019 e foi elexido como vice-primeiro ministro o 21 de decembro de 2019. Fora tamén nomeado Heroi do Traballo da República de Cuba.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *