Prensa Latina.
A solidariedade coa Nosa América lanzou este sábado a inciativa “Cuba Non Está Soia”, dirixida á revelar a falsidade da campaña de institucións e medios de obediencia da dereita contra Cuba.
Nunha palestra celebrada no Clube de Amigos da Unesco de Madrid, a Coordenadora Estatal de Solidariedade Con Cuba (CESC) denunciou o uso de cartos públicos da Autonomia dirixida por Esperanza Aguirre asi como de espazos e recursos institucionais para a promoción de propaganda contra a Revolución Cubana.
A insistencia mediática en definir a República de Cuba coma un proxecto político aillado do mundo, obsoleto e represivo, terá réplica na iniciativa da CESC que recorda que esa demonización responde a pé feito aos intereses da ultradereita terrorista cubano-americana con base nos Estados Unidos, compartidos polo Partido Popular.
A profesora de socioloxía Anxeles Diez, salientou durante a conferencia a importancia de desmentir a falsa imaxe dunha Cuba aillada, pretexto do capital para a intervención armada.
Ler a información completa en Cuba Non Está Soia.