Prensa Latina – Terra sen Amos
Entidades de solidariedade e cooperación do Estado Español, Francia, Italia e Suecia entregaron ao Parlamento Europeo unha demanda emerxente de accións inmediatas contra o bloqueo estadounidense a Cuba. No escrito denuncian a gravidade das intromisións dos EUA contra a illa que violan o dereito internacional e os convenios en defensa do libre comercio e os compromisos de axuda entre nacións.
A solidariedade quer que a Unión Europea (UE) se pronuncie contra a invasión dos dereitos de Cuba e defenda o uso dos recursos legais dispoñíbeis para a illa poder defenderse do ilegal bloqueo e das súas consecuencias.
A demanda das instancias de solidariedade esixe que se someta canto antes á Eurocámara unha iniciativa para designar que bancos nos Estados membros da UE se ocuparán de transaccións financeiras coa Illa. Os asinantes recordan que entre 2009 e 2016, bancos europeos houberan de facer fronte a multas arbitrarias do governo dos EUA por valor de16 000 millóns de dólares. Os bancos europeos estaban no seu dereito de transferir pagos comerciais de Cuba e por esa razón a solidariedade con Cuba reclama da Eurocámara un pronunciamento claro.
Tamén reclaman da Comisión de Peticións da UE que se estableza un regulamento para o Acordo de Diálogo Político e Cooperación entre a UE e Cuba, sobre todo para o relacionado cos acordos económicos e comerciais e os efectos extraterritoriais desa política. Para poder regularizar a cooperación e o comercio con Cuba, a Comisión deberá investigar as sancións decretadas polo governo dos EUA, sentenciar a súa ilegalidade e elevar ao Parlamento un pronunciamento sobre o ilegal bloqueo.
Cuba Coopération France (CubaCoop) lanzou no contexto da festa de l’Humanité o proxecto de traballo conxunto con organizacións e personalidades para impulsar respostas concretas á hostilidade de Washington cara a Cuba, país que leva bloqueado máis de seis décadas.
O obxecto da iniciativa é sentenciar a ilegalidade do bloqueo e mellorar a cooperación económica entre dos 27 membros soberanos da UE e Cuba.