O especialista francés no acoso euroestadounidense a Cuba, Salim Lamrani, explica neste artigo en dúas partes a historia da política de agresión á Revolución e ao goberno de Cuba, desenvolvida por todas as administracións do réxime dos Estados Unidos dende 1959, fomentando de maneira artificial a disidencia e a oposición internas en Cuba.
Salim Lamrani
Introdución
Dende hai medio século, a política exterior de Washington cara a La Habana, o obxectivo da cal é conseguir un cambio de réxime, baséase en dous piares fundamentais: a imposición de sancións económicas drásticas -que afectan a todos os sectores da sociedade cubana- e a organización e financiamento dunha oposición interna.
Así, o 6 de abril de 1960 Lester D. Mallory, subsecretario adxunto de Estado para os Asuntos interamericanos, recordaba nun memorando a Roy R. Rubottom Jr., entón subsecretario de Estado para os Asuntos interamericanos, o obxectivo das sancións económicas:
“A maioría dos cubanos apoia a Castro. Non hai oposición política eficaz […]. O único medio posible para aniquilar o apoio interno [ao réxime] é provocar o desencanto e o desalento pola insatisfacción económica e a penuria […]. Débense empregar rapidamente todos os medios posibles para debilitar a vida económica de Cuba […]. Unha medida que podería ter un forte impacto sería negar todo financiamento ou envío a Cuba, o que reduciría os ingresos monetarios e os salarios reais e provocaría a fame, o desespero e o derrocamento do gobierno”.1
De 1959 a 1990, o programa de creación dunha disidencia interna mantívose secreto. Así, os arquivos estadounidenses parcialmente desclasificados confirman a existencia de múltiples programas destinados a crear unha oposición ao goberno de Fidel Castro, a cal serviría os intereses de Estados Unidos que desexaba un cambio de réxime. A partir de 1991, tras o derrubamento da Unión Soviética, o apoio financeiro e loxístico aos disidentes cubanos volveuse público e integrouse na lexislación estadounidense.
Ver o artigo completo en:
A diplomacia estadounidense e a disidencia cubana (1/2)
A diplomacia estadounidense e a disidencia Cubana (2/2)