TERRA SEN AMOS/ MERCHI SANTIAGO-CUBAINFORMACIÓN
Dous encontros internacionais sobre Os Cinco reunirán en Londres e Washington xuristas de todo o mundo para promover novos recursos e dar conta da ocultación de probas por parte da xustiza norteamericana contra os anti-terroristas cubanos. Raimundo Pino, responsábel do ICAP para o Estado Español, anunciou en Santiago que esperaban contar con xuristas de Galiza nos dous novos debates internacionais.
Na reunión, Raimundo Pino deu conta do programa e pormenores das convocatorias de Londres (7 e 8 de marzo) e Washington (3 e 4 de xuño) á Xunta Diretiva da Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil” como entidade colaboradora nos dous eventos. Acompañaba ao responsábel do ICAP o Cónsul Xeral de Cuba, José Antonio Solana.
As previsións do III Encuentro Mundial de Solidariedade con Cuba, tamén foran tratadas na reunión. O Encontro terá lugar en Habana do 27 ao 31 de outubro.