EuroLat, a Asamblea Parlamentar Euro-Latinoamericana reunida en Lisboa reclama o fin do Bloqueo dos EUA contra Cuba ao tempo que condena o Golpe de Estado en Brasil e a nova campaña terrorista contra o governo democrático de Venezuela. A Asemblea de EuroLat sesiona anualmente en plenárias e comisións e é lugar de encontro e concertación de forzas e partidos progresistas. Á cita de Lisboa asistiron 18 de maio 50 deputados do Parlamento Europeo e 75 do Parlatino, Parlacen e outros parlamentos latinoamericanos. A declaración final inclúe tamén a urxente promoción do acordo entre Cuba e a UE, a derogación da chamada posición común instada polo Partido Popular español e a devolución do territorio ilegalmente ocupado pola Base Naval de EUA en Guantánamo. Tamén foi proposta e aprobada unha moción a prol da retirada de todos os recursos de inxeréncia legal, comercial e económica contra Cuba.
Máis de cen parlamentários europeos e latinoamericanos pediron na Asemblea da EuroLat o fin do Bloqueo.
A inventiva marxista de Agustin Lage Davila procura na ciencia solucións para un pais pequeno, bloqueado e con recursos limitados. Así o ve Richard Levins, o biólogo norteamericano autor de As Influéncias da Bioloxía e The Dialectical Biologist, con Richard Lewontin, os dous títulos contemporáneos sobre ciéncia máis traducidos. Levins finou xaneiro pasado e a revista Monthly Review de Nova York, da que foi colaborador durante anos, ven de publicar o seu derradeiro traballo: a recesión do libro editado en Cuba La Economia del Conocimiento y el Socialismo, de Lage, médico cubano de orixe galega especializado en bioquímica e director do Centro de Inmunología Molecular da Habana. Levins descrébe a Agustín Lage como protagonista e observador do avanzo da ciencia en Cuba: biólogo molecular excepcional, deputado da Asemblea Nacional e militante do Partido Comunista Cubano. A seguir, versión en Galego do artigo de Richard Levins.
Agustín Lage, no centro da fotografía, presenta na Feira do Libro da Habana o seu libro “La Economia del Conocimiento y el Socialismo”.
Depois de a maioria do Senado declarar suspensa a presidéncia electa da República do Brasil, o governo de Cuba difundiu unha declaración de apoio para a presidenta Dilma Rouseff, o Partido dos Trabalhadores, o ex-presidente Lula da Silva e o povo dos Estados Unidos do Brasil. A nota da Habana recorda que se trata dun golpe de Estado parlamentar-xudicial, disfrazado de legalidade, ensarillado hai meses co propósito de revertir o proxecto político do Partido dos Trabalhadores, derrocar o governo democrático e suplantar un poder que os intereses financeiros e o imperialismo non deran gañado co voto.
Cuba reafirma seu apoio a Dilma, Lula, o Partido dos Trabalhadores e o povo do Brasil
É ben coñecida a teima dos Estados Unidos de América por impedir a ferro e fouce o trunfo de Fidel Castro contra o ditador Fulgencio Batista, na véspera do primeiro de xaneiro de 1959, como fica na acta do Consello Nacional de Seguridade de decembro de 1958. Fracasando nesta angueira, os EUA lanzaron unha guerra contra la Revolución con atentados terroristas contra a súa indústria, servicios, centros comerciais e frota mercante.
Fracasando en Girón, EUA lanzou unha guerra de atentados terroristas contra a indústria, servicios, centros comerciais e frota mercante de Cuba.
O Poder Popular de Guamá (Santiago de Cuba) e La Lisa (Habana) organizan con Sodepaz para a primeira quincena de xullo, unha brigada solidária de agroecoloxía, enerxías renovábeis e traballlo comunitário. O programa comezará con sete días en Guamá para participar no traballo medioambiental de conservación dos manglares e a producción de enerxías renovábeis para a sanidade, a vivenda, a agricultura e a administración municipal. Nos sete días seguintes, a brigada intervirá no traballo comunitário do popular barrio habaneiro de La Lisa, nas áreas de cultura, desenvolvimento local e economía solidária. Durante o tempo na área rural de Guamá, o aloxamento será nun hotel de beiramar e na Habana en casas particulares.Máis información e inscrición no seguinte enlace
http://www.viajes.sodepaz.org/travel/cuba-agroecologia-y-trabajo-comunitario/show
A vizosa beiramar de Quiebra Seca (Guamá) accédese por unha estrada de area entre o Caribe e a Serra Maestra.
Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil"