Cubadebate – Edición e traducción de Terra Sen Amos
Intervindo no popular programa Mesa Redonda da TV Cubana, Ignacio Ramonet dixo que habia razóns en América Latina contra o presimismo dos progresistas: “Evo Morais en Bolivia e Nicolás Maduro en Venezuela, dúas fortalezas que compre sumar ás xa existentes: Cuba baluarte absolutamente fortalecido; o Sandinismo en Nicaragua, Salvador en certa medida, Uruguay, onde a Fronte Ampla segue gobernando; e o Brasil, onde hai perspectivas. Ramonet foi entrevistado dia 25 polo xornalista Randy Alonso , director do espazo de maior audiéncia da TV Cubana.
Randy Alonso anunciou que a Feira Internacional do Libro de 2018 pechará coa presentación da cuarta edición de Cen horas con Fidel, o libro de conversas entre o Lider da Revolución e o xornalista Ignacio Ramonet (Redondela, 1943) traducido en todo o mundo. A nova edición cubana sera de 10.000 exemplares e está dirixida ao universo leitor cubano que segue a demandar este libro continuamente reeditado, do que hai excelente version Galega de Xosé Manuel Garcia Crego, en Edicións Xerais.
Pregunta o director do programa a Ramonet se foi visitar o mausoleo de Fidel en Santiago. “Fun alí, á pedra; nunca pensara que ía ter un choque tan forte e emocional; avísolle a todos os que quixeron a Fidel, que vaian con tento a ese lugar porque hai unha presenza tan forte do espírito de Fidel nese lugar, que emociona; tiven a sensación case física de Fidel estar alí; mesmo sen acreditar nos espíritos, hai espiritualidade naquel contexto. Foi un momento moi forte”.
O programa debateu sobre o intermitente asalto imperialista sobre América Latina, consentido pola OEA e a UE. ”Dos últimos acontecimentos debemos salientar a grande vitoria electoral do presidente Nicolás Maduro en Venezuela. América Latina vive grandes dramas –dixo o invitado- o dos observadores da Unión Europea e o dos da OEA, que transixiron con todas as fraudes dos aliados dos EUA; denuncia o que está a acontecer en Honduras, onde recén presentaron os resultados das eleccións celebradas 26 de novembro!. Juan Orlando Hernández non tiña dereito a presentarse pois a constitución hondureña non llo permite; a Manuel Zelaya acusábano de querer ficar na presidencia e déronlle un golpe de Estado. Os primeiros resultados amosaban a vitoria de Salvador Nasralla. No goberno de Juan Orlando houbera varios asasinatos políticos como o de Berta Cáceres, defensora dos dereitos dos indígenas”.
A vitoria de Sebastián Piñera só podia darse porque as forzas progresistas chilenas non se deran unido, malia producírense nunha situación de tendencia electoral de esquerda. E sobre a trilogía neoliberal e conservadora en Chile, Arxentina e Brasil, Ramonet dixo que compria engadir o caso de Pedro Pablo Kuczynski no Perú, coma cuarto pé da mesa neoliberal. “Está nun entalo porque as acusacións de terse beneficiado do asunto Odebrecht parecen fundamentadas e é posibel que sexa procesado polo parlamento. Kuczynski serve ao Fondo Monetario Internacional (FMI) e depois de tanto acusar a Venezuela, agora ten a presidencia no tellado”.
Alén dos apuros no poderoso cuarteto do FMI, Ramonet identifícase coa liña de paz de Maduro contra a violencia e a confrontación, argumento único da oposición venezolana. “A oposición non brindou solución para os problemas económicos que se lle presentaron ao país e non tardou en producir máis de 150 mortos en catro meses e centenares de feridos, ao tempo que recusaba toda proposta de diálogo e de paz. Aínda que por un intre houbera dous poderes, o da Asemblea Nacional e o do Tribunal Supremo, Maduro considerou que a Asemblea Nacional estaba en desacato e propuxo a elección á Asemblea Nacional Constituinte. A oposición negouse e prolongou as guarimbas e, por fin, ao dia seguinte da vitoria das forzas bolivarianas chavistas en elección, desapareceron as manifestacións”.
O entrevistado recoñece a Constituinte como ideia xenial de Maduro. “Moitos progresistas non crían na solución, xusto cando as guarimbas estaban asaltando gardeirías, hospitais, institucións públicas, bens patrimoniais, queimando persoas vivas. A maiores tivo ideias fortememente orixinais coma a do Carné da Patria e así chegou ás eleccións a gobernadores na que se presentou a oposición e onde de 23 gobernacións, o chavismo gañou 19. Nas municipais, de 335 gañou 308. O ano rematou cunha vitoria política moi importante para o presidente Maduro que pode ir ás eleccións presidenciais para 2018 con certa confianza. Maduro ten un campo opositor máis dividido ca nunca, coas forzas máis violentas derrotadas por non puideren impoñer a súa axenda en Venezuela. É a segunda vez que apostan pola violencia e a segunda vez que a cidadanía négalles a razón e votan polo diálogo. Estas tres vitorias políticas seguidas confirman a Maduro como líder indiscutible da Revolución. Doutra banda, continúa a loita contra a corrupción”.
Ramonet ve Evo Morais en Bolivia e Nicolás Maduro en Venezuela coma dúas fortalezas do campo progresista en América Latina. “Compre sumalas ás xa existentes: Cuba é un baluarte absolutamente fortalecido; o Sandinismo en Nicaragua, Salvador en certa medida, Uruguay, onde a Fronte Ampla segue gobernando; e o Brasil, onde hai perspectivas. Non hai razón para sermos pesimistas. A crise sucede porque o prezo das materias primas afundira. En 2017, as exportacións de América Latina para China, ao relanzar esta a súa economía, aumentaron nun 50 % e só un 10 % cara a Estados Unidos; o petróleo subiu un 28 % e iso deu ousíxeno a algunhas economías, entre elas a venezolana que é a que máis aumentou as súas exportacións cara a China. A configuración macro económica do continente pode ser positiva para as forzas progresistas”.
O feito de os EUA estar virando dende o libre Mercado para o proteccionismo é outro dos feitos tratados na Mesa Redonda. “Os EUA, promotores do movimento globalizador e neoliberal de libre mercado, son hoxe hostís a ese movemento –comenta Ramonet- China é o país que máis está a prol do libre cambio e do libre comercio porque coida que esta política pacifica o mundo. Doutra parte, Trump botouse fóra do Acordo Climático. Outra cegueira. En 2017 maniifestáranse grandes perigos e realidades que provocaron vítimas arreo nos EUA: pés de vento, ciclóns, inundacións, lumes, secas… É o cambio climático o que está atacando á sociedade estadounidense. Cantas veces debeu o mesmo Trump deprazarse para ir a cenarios de catástrofe? Non hai peor cego que o que non quere ver e Trump non quere ver que o cambio climático é un inimigo para os EUA”.
O que durante longos anos fora director do mensal Le Monde Diplomatique refírese no programa de maior audiéncia da Tv Cubana á crecente demanda de independéncia entre os pobos suxeitos aos Estados da UE: “A Unión Europea atravesa un momento de redefinición da súa identidade. Catalunya, Escoza, Córcega, Lombardía ou Flandes proban que o proxecto europeo xa non dá encantado á sociedade europea e en particular ás novas xeracións. Non é un proxecto político que invite a unirse con optimismo. Europa está saíndo dun periodo que foi brutal coas persoas máis vulnrábeiis: xubilados, mulleres, traballadores, a mocidade. Hai unha perda do encanto europeo, unhas realidades moi duras. Co Brexit, as persoas pregúntanse: se estabamos vivindo no paradiso terreal como alguén vai querer saír do paradiso? Iso provocou reflexións. Alemania é unha potencia económica, non política; por razóns históricas non pode dirixir Europa. Parece a ocasión do presidente francés: o seu discurso é neoliberal envolto nun discurso cristián humanista que lle permitiu captar a unha parte da sociedade que non está politizada ou que coida que pode apartar as ameazas da extrema dereita e da extrema esquerda que medran en Francia”.
O xornalista e profesor de comunicación conta do perigo que está a correr ultimamente a promesa democrática do Internet. De feito, a Comisión Federal de Comunicación dos Estados Unidos fala de rematar coa rede aberta e darlle ás multinacionais telefónicas o poder de gobernaren a Rede. Esta información pasou desapercibida para moitos. Internet representou unha esperanza para a democratización do saber e para a información. Pensouse que Internet franquearía as barreiras dos monopolies da comunicación. Mais Internet é propiedade dalgunhas marcas, empresas realmente existentes e intervintes: Google converteuse na empresa privada máis importante do mundo. A neutralidade permite que un servidor de Internet non poida discriminar. Así puido xurdir Facebook ou o propio Google; así puido desenvolverse Telegram ou WhatsApp porque foron pequenas iniciativas que dispuxeron de Internet. A supresión da neutralidad implica que agora os grandes van ter a posibilidade de impedir que os pequenos cheguen ao mercado. É un xeito de asfixiar a creatividade de Internet, un xeito de deter o progreso e o desenvolvimento en Internet. As grandes telefónicas propician arestora a circulación polas súas canles polo que están a pór alfandegas e quen queira pasar ten que pagar o mesmo que pagan os grandes.