Cubadebate – Edición e traducción de Terra Sen Amos
Intervindo no popular programa Mesa Redonda da TV Cubana, Ignacio Ramonet dixo que habia razóns en América Latina contra o presimismo dos progresistas: “Evo Morais en Bolivia e Nicolás Maduro en Venezuela, dúas fortalezas que compre sumar ás xa existentes: Cuba baluarte absolutamente fortalecido; o Sandinismo en Nicaragua, Salvador en certa medida, Uruguay, onde a Fronte Ampla segue gobernando; e o Brasil, onde hai perspectivas. Ramonet foi entrevistado dia 25 polo xornalista Randy Alonso , director do espazo de maior audiéncia da TV Cubana.
CUBA E INTERNET: MENOS CINISMO, POR FAVOR por Rosa Miriam Elizalde.
Ninguén se conecta a Internet invocando palabras máxicas. Polo menos requírense de tres condiciones ineludibles: a rede de telecomunicacións, as computadoras ou equipos electrónicos que dialogarán cos seus pares no mundo e unha cultura do uso destas tecnoloxías. Se se vive nunha illa, necesítase ademais de cables submarinos para enlazarse a redes continentais máis eficientes que as transmisións por satélite, moi caras e moi lentas.
O bloqueo decretado por Estados Unidos a Cuba existe desde antes do nacemento da Internet en 1969 e supuxo -e supón aínda- un obstáculo frontal a que esas condicións sexan propicias para a Illa. Cero tecnoloxía electrónica pode chegar do mercado a 90 millas das nosas costas, e até 1996 non había maneira de conectarse coa rede internacional, por decisión do goberno dos Estados Unidos. Seguir lendo CUBA E INTERNET→
Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil"