Terra Sen Amos-Juventud Rebelde
Fidel Castro, líder da Revolución Cubana, cumpre nesta quarta feira 88 años de vida. Como ven sucedendo desde a cesión da presidencia en 2006, na persoa do seu irmán Raúl, o programa de comemoracións aparece en branco: non hai convocatoria oficial para o aniversario. É o povo de Cuba quen invita nun regueiro de actos en todo o país a lembrar a data e a celebrar o exemplo de Fidel.
Nun artigo de parabéns publicado en Juventud Rebelde, Armando Hart asegura que as ensinanzas de Fidel son imprescindibeis para salvar o mundo dun capitalismo que cega a vida dos povos e compromete a continuidade da especie. “O imperio -escrebe Hart- vive unha evidente decadencia e podería destruir todo o que ten ao seu redor, en fin, ao mundo enteiro. A historia de Cuba e de América Latina poden contribuir a evitalo”.
O artista Roberto Chile inauguróu baixo o título “Fidel es Fidel” unha mostra fotográfica audiovisual en homenaxe ao Líder histórico da Revolución. A fotografía á beira recolle un momento da inauguración.
Dia 12, celebrouse en Imo-Dodro unha homenaxe a Moncho Reboiras no 39 aniversario da súa morte a mans da policía franquista.
No remate do acto, un grupo de participantes tomou a iniciativa de enviar parabéns a Fidel e ao recén liberado René González, que cumpren anos 13 de agosto, asi coma un recordo aos heroes cubanos que permanecen ainda presos contra todo dereito nas cadeas dos Estados Unidos.
A misiva, con fotografías dos reunidos entre bandeiras cubanas e galegas, foi asinada pola Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil, e pola internacionalista Mar de Lumes.