Terra Sen Amos – ACN 19/03/16
A Orde de Martí, a máis alta distinción da República de Cuba, foi entregada sexta feira 18 ao presidente da República Bolivariana de Venezuela, Nicolás Maduro. Cuba, representada polo presidente Raúl Castro e o pleno da equipa de governo, rendeu unha homenaxe á Revolución Venezuelana mentres as comisións de ambos paises asinaron o Plano Anual de Colaboración dirixido a afortalar o intercambio comercial e económico e áreas de interese común. Cuba ratifica ao seu máis alto nivel o compromiso con Venezuela horas antes de o avión presidencial norteamericano pousar na Habana.
Chegando a Cuba, o presidente Maduro defendeu en Venezolana de Televisión, un novo esquema de traballo para promover proxectos económicos, financeiros, enerxéticos, sociais e culturais no periodo 2016-2030 entre os dous países. A alianza estratéxica entre Caracas e Habana funciona dende a asinatura do Acordo de Cooperación Cuba-Venezuela entre os comandantes Hugo Chávez e Fidel Castro, no ano 2000.
O Secretario do Consello de Estado de Cuba, Homero Acosta Álvarez, dixo no acto de imposición da Orden José Martí, a Nicolás Maduro Moros, que Venezuela enfrontaba incesantes accións violentas e desestabilizadoras por parte da oposición, sumadas a unha cerrada guerra económica e mediática, cismada dende o exterior. Acosta fixo mención expresa da “arbitraria Orden Executiva que cualifica a Venezuela sen sentido nin razón coma unha ameaza grave e extraordinaria para a seguridade nacional dos Estados Unidos”.
O Secretario do Consello de Estado referiuse tamén á “excelente relación existente entre Venezuela e Cuba, paradigma de vínculos fraternais, solidários e de mutuo beneficio y mutuamente beneficiosos entre dúas nacións indivisibelmente unidas por fondos lazos de amizade, afecto e mutuo respecto, forxados nos combates pola independencia no siglo XIX e pola liberdade definitiva no XX, así como pola sintonía de ideas entre os nosos líderes históricos”.