Alina Pereira – Juventud Rebelde
En visitas que aportan información sobre iniciativas e actividades de interese xeral ao longo da iIla, o Presidente Díaz-Canel chegou na mañá de venres 8 ao municipio de Guanajay, acompañado de Roberto Morales, secretario de Organización do Comité Central do Partido, a Empresa Produtora de Autobuses Evelio Prieto Guillama, un importante obradoiro que está a reparar cen unidades de transporte público para servizo urbano da capital do país. Un paso cara adiante que pode darse grazas a colaboración da República Popular China. As primeiras unidades estarán listas para outono.

A unidade non baixou o seu ritmo de traballo nin nos momentos máis duros da Covid-19. Das súas naves sairan proxectos para consolidar o transporte ferroviario, a produción de triciclos eléctricos e unha liña de ensamblaxe de ciclomotores. Comentando estas iniciativas, o Presidente salientou a importancia de atopar saidas nun entornoo de graves problemas.
A Taconera, en Guanajay, foi a segunda parada no itinerario. En diálogo directo coa vecindade, Díaz- Canel falou con orgullo dos 375 anos que vai celebrar o concello, e do feito de ter nacido naquelas terras o patriota e militante comunista Carlos Baliño. “Da común autoestima ven a unión e a harmonía que facilitan chegar a cada propósito trazado”.
Dentro dese barrio en transformación, Díaz-Canel visitou a escola primaria que leva o nome de José Ramón Martínez, na que saudou a estudantes e profesores. O percorrido foi até o Centro Primero de Enero, onde puideron escoitar o testemuño do labrego Alexander Gradua, da Cooperativa de Créditos e Servizos Eduardo Panizo. Camiñando entre os derregos de 54 hectáreas de cultivo, Gradua deu conta dos resultados fóra do común na produción de hortarizas e froita. Díaz-Canel interesouse polos modos de pago aos produtores, e salientou os resultados de intercalar cultivos para aproveitar a terra ao máximo.
“É a dignificación do campo”, expresou o Presidente no seu paso polas hortas vizosas do municipio de Alquízar, na provincia de Artemisa. Fíxoo en clara alusión ao desexábel que resulta que un produtor agrícola mellore o seu nivel de vida e reciba unha renda correspondente ao seu esforzo.
A reflexión tivo lugar na Empresa Agropecuaria Municipal, a vista dos excelentes resultados dun proxecto de cesión de terras en usufruto a produtores privados. En diálogo cos labregos, o dignatario resaltou o labor despregado na produción de viandas e vexetais. Non pasou por alto Díaz-Canel todo o que alí se fixo para recuperar a totalidade das áreas afectadas pola arremetida, hai catro meses, do furacán Rafael. Durante o percorrido polas terras vermellas –nas que se obtén unha alta produción de pataca–, os responsabeis da agricultura artemiseña informaron ao mandatario que comezou a campaña da colleita do tubérculo, un dos alimentos máis demandados pola poboación.
A estación experimental asociada ao Instituto de Investigaciones de Ingeniería Agrícola, foi outra das entidades de Alquízar visitadas pola dirección do país para coecer de primeira man a efficiencia e innovación que permitiron dar cabo a oito proxectos para producir alimentos e ter outro en fase de execución.
A visita reforza a certeza de canto beneficio pode nacer se a ciencia intervén e das múltiples posibilidades do mundo das sementes que xa deran como froito un proxecto en marcha sobre a vainilla. O proxecto é estender a experiencia noutras áreas de Cuba.
Boas novas na Candelaria
O terceiro municipio visitado pola dirección do país na provincia de Artemisa foi Candelaria. Alí, na finca Los Sementales, do consello popular Premontaña, o Presidente conversou co técnico de extensión gandeira Yoandy González Cárdenas, quen en 12 anos de labor como usufrutuario logrou inefábeis resultados na cría de gado maior, porcino, equino, e de aves.Díaz-Canel eloxiou a beleza do lugar, a limpeza e a orde, e recoñeceu a eficiencia coa cal se desempeñou González Cárdenas.
O segundo destino foi o consello popular urbano de La Candelaria, no cal o mandatario reparou na positiva experiencia que esta clase de visitas permite aquilatar poredio de información directa das experiencias positivas e da clase de apoio que precisa cada lugar.
Díaz-Canel notóu que nestas visitas está presente a busca do diálogo directo co pobo no marco da complexa situación que atravesa o país. “Os problemas non os crea a Revolución senon o imperio que procura humillarnos para quedar con todo, mais debemos ter presente que podemos saír adiante se contamos coa intelixencia e o talento do noso pobo e permanecemos unidos”.
Ofreceu o visitante detalles sobre os pasos que está a dar Cuba no cambio do seu modelo enerxético. “Sete parques solares estarán listos este mes e cando remate o ano, teremos incorporado 1.000 mw ao Sistema Eléctrico Nacional”.
A seguinte parada, dentro de La Candelaria, foi en Mango Dulce, onde foran emprazados paneis solares fotovoltaicos, fonte de enerxía limpa e renovábel, no que antes era un ermo. “Que a sincronización vea con éxito”, desexou o dignatario ao despedirse das traballadoras e traballadores, en referencia ao importante suceso que terá lugar 25 de marzo.
E así, paseniño, seguindo o principio de que o triunfo é posibel, os fillos de Cuba van tecendo un dos relatos de resistencia popular máis fermoso e intelixente.
(Artigo traducido ao Galego para TSA por Ana Baliño)