Yailé Balloqui Bonzón – Juventud Rebelde
Cuba levará novamente ao Comité de Descolonización das Nacións Unidas o dereito do povo de Porto Rico a súa autodeterminación. A demanda de resolución do dominio colonial norteamericano sobre a illa, dende hai 117 anos, foi presentada por Cuba en 33 ocasións. O documento cubano, presentarase o vindeiro 22 de xuño e nel reafírmase o dereito inalienabel do pobo Boricua a independencia coma nación latinoamericana e caribeña con identidade nacional de seu.
A moción require ao goberno de EUA a abrir o proceso que permita aos boricuas tomaren as súas propias decisións de xeito soberano para atender as urxentes necesidades económicas e sociais de Porto Rico e insta a Washington a completar a devolución do concello de Ceiba, no leste da illa de Borinquen, e da illa de Vieques, convertida polos EUA en base militar e campo de probas de armas.
Asemade, reclama de Barack Obama a liberación do preso político portorriqueño Oscar López Rivera, que lleva 34 años preso nos EUA por causas relacionadas coa loita pol independéncia do seu país. O proxecto presentado por Habana deberá ser sancionado polas 29 nacións que integran o Comité de Descolonización da ONU, para Porto Rico poder atender o paro, a marxinación e a pobreza que padece e realizar os acordos aobre a cuestión colonial boricua demandados polas asembleas da Comunidade de Estados Latinoamericanos e Caribeños (CELAC).