Granma-Terra Sen Amos
O governo de Estados Unidos teima en condenar a Cuba na pésima categoría (nível 3) da trata de persoas. O baremo anual do ministerio de Relacións Exteriores (State Department) valora en tres apartados os esforzos dos governos do mundo por combatiren a trata. Para Cuba reserva a cualificación dos governos que ignoran de vez os dereitos das persoas.
O ministerio de John Kerry coloca aos Estados Unidos entre os que cumpren as normas (nível 1) e arrumba a Cuba no inferno dos paises sentenciados a sancións das institucións internacionais de crédito. A coartada do ilegal bloqueo económico e político de Cuba é evidente.
O panóptico da política mundial segundo a secretaría de Estado de Kerry, aproba a cadea de Guantánamo, alimentada con secuestros do exército norteamericano en todo o planeta, premia governos colaboradores do imperialismo e a seguir suspende a Cuba por mirar pola saúde, educación e dereitos básicos do povo coas cualificacións máis altas das axencias da ONU. Por riba, Cuba, que padece dende 1960 o bloqueo dos Estados Unidos, ten o mellor Indice de Desenvolvemento Humano do mundo.