G. Luca – Terra sen amos.
O reporterismo electrónico lanzado polas axencias do governo norteamericano sobre Cuba, recibe a primeira páxina da revista “Time” e algún premio na UE mais só provoca indiferenza na ben informada opinión pública cubana.
Por moito que os seus promotores sobranceen a condición independente deste xornalismo, o seu estilo non se arreda do vello modelo de propaganda capitalista contra Cuba independente, copia a miscelánea norteamericana da Guerra Fria e está dirixido a banalizar o debate político mediante a anécdota e a privacidade.
A arcaica fórmula xornalistica non trata ao universo leitor como maior de idade porque confía todo o seu poder de convicción no atractivo do consumo e a curiosidade instrascendente.
O “xornalismo independente” visita reiteradamente os poderes públicos norteamericanos. Unha recente entrevista ao vice-presidente norteamericano John Biden, descóbrenos que o primeiro asunto da axenda de Washington para Cuba é a liberación de Alan Gross, o axente da CIA detido cando trazaba unha rede de inxerencia mediáticaa interior en Cuba. Mentres os cronistas independentes esquecen preguntar polos 5 cubanos inxustamente detidos nos Estados Unidos, Biden expresa con claridade o seu primeiro obxectivo para Cuba: “Impulsar os intereses norteamericanos”.
Nunha nova visita a Washington, Yoani Sánchez, publicitada por Estados Unidos coma mártir da información en liberdade, coñecéu as críticas de Giordano Lupi, un coñecido xornalista de La Stampa que fora o seu valedor en Italia: “Sánchez non é coñecida (en Cuba), nin ameazada, nin silenciada e non ten problema ningún para entrar e sair de Cuba cando lle pete; o único que lle interesa son os cartos”.