Terra Sen Amos
Un breve comentario de alcance de Fidel Castro, publicado na mañá da Sexta, salienta a solidariedade cubana co povo de Ucraína e a coincidencia do criminal atentado contra o avión da Malaysia Airlines coa invasión de Gaza.
O líder histórico da Revolución lembra a intervención humanitaria de Cuba na altura da traxedia de Chernóbil e nota que o atentado prodúcese sobre territorio ucraíno, baixo o control do governo de Petro Poroshenko, ao que cualifica de belicista e anti-ruso, anti-ucraíno e pro-imperialista.
A voadura do avión, coa perda de pasaxe e tripulación, sucede cando o governo de Israel decide ocupar a terra palestina de Gaza. “Benjamín Netanyahu, xefe dun estado nuclear, ordenaba ao seu exército invadir a Franxa de Gaza, onde xa morreran en poucos dias centenares de palestinos, moitos deles nenos”. Fidel recorda que “o Presidente dos Estados Unidos apoiou a acción, cualificando o noxento crime de acto de lexítima defensa. Obama non apoya a David contra Goliat, senón a Goliat contra David”.
“Homes e mulleres do povo de Israel -di Fidel no final do seu artigo-, ben preparados para o traballo productivo, serán expostos a morrer sen honra nin gloria: ignoro cal será a doutrina militar dos palestinos, pero sei que un combatente disposto a morrer, pode defender até as ruinas dun edificio mentras conserve o seu fusil, como demostraran os heroicos defensores de Stalingrado”.
O atentado foi tamén condenado polo presidente dos Estados Unidos que endebén protexe en Florida a liberdade de Luis Posada Carriles, autor confeso da voadura dun avión de Cubana de Aviación, en voo sobre a Guaiana, en outubro de 1967, co resultado de asasinato de 73 persoas.